Blog Hostalaría e Turismo

       

VISITA Á ESTACIÓN DE VITICULTURA E ENOLOXÍA DE GALICIA (EVEGA)

Os alumnos do Ciclo Medio de Servizos de Restauración do CIFP Manuel Antonio de Vigo visitaron as instalacións que a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) ten en Leiro (Ourense). Alí puideron coñecer de primeira man as labores que se realizan neste centro tendentes a desenvolver e mellorar o sector vitícola de Galicia a través de varias liñas de traballo, como son: a investigación, actividade da que han derivado desde materiais e tecnoloxías adoptados ao sector vitícola ata publicacións en medios de comunicación técnicos e científicos; o fomento do desenvolvemento tecnolóxico do sector; a análise de produtos derivados da vide, así como unha labor asesora e formativa dirixida ao sector.   

Visitaron as instalacións en onde cultívanse, estúdanse e analízanse as distintas variedades de uva, buscando a mellora das mesmas, e das que ata o momento xa se obtiveron 38 clons seleccionados para as variedades Treixadura, Torrontés, Loureira, Godello, Dona Branca, Mencía e Brancellao, así como clons saneados das variedades Albariño e Caíño Bravo, que xa están sendo utilizados en numerosas plantacións.

Tamén destacar que as técnicas de elaboración de augardentes deseñadas polo centro foron adoptadas pola gran maioría dos elaboradores e serviron de base para a elaboración do regulamento da denominación de orixe  "Augardentes e licores tradicionais de Galicia".

 

Powered by Drupal - Design by artinet