Visita ao centro Gaiás para ver o desfile Despunte’16

 

O día catro de novembro celebrouse no centro Gaiás en Santiago de Compostela o desfile Despunte’16 no que os alumnos de Deseño e Moda e Xoiaría do EASD Mestre Mateo presentaron as súas creacións.

 

Os nosos alumnos do Manuel Antonio, da familia téxtil, acudiron ao evento para ver o desfile pois sempre é interesante estar ao día e ver os traballos dos colegas doutros centros.

 

Aquí déixovos unha foto da nosa gran familia.