Blog Hostalaría e Turismo

       

O alumnado do CM de Servizos do CIFP Manuel Antonio visita as empresas vitivinícolas Pazo Valdomiño e Terras Gaudas

O alumnado do CM de Servizos do CIFP Manuel Antonio visitaron as empresas vitivinícolas Terras Gaudas e Pazo Valdomiño onde puideron coñecer de primeira man as elaboracións que se fan nelas.

Na visita á destilería Pazo de Valdomiño observaron o proceso de elaboración dos diferentes augardentes e licores que nela se fan. Esta destilería centenaria ubicada no val do Rosal, na desembocadura do río Miño, é un referente do sector pola calidade das materias primas empregadas na obtención dos seus produtos, os cales comercializan baixo diferentes marcas como Pazo Valdomiño, Cilantro, Ginabelle Gin, Castelo de San Lorenzo o Terras Celtas.

 

  

 

A seguinte parada tivo como destino a empresa Bodegas Terras Gauda. Ésta naceu no ano 1990, e elabora viño coa denominación de orixe Rías Baixas, aínda que coas características propias da zona do Rosal. O alumnado puído admirar os viñedos que rodean a bodega, e coñecer todo o proceso da elaboración do viño que lévase a cabo na mesma, desde o coidado e control do viñedo, a vendima, seguindo pola fermentación, ata chegar o embotellamento e comercialización da produción.

Tamén foron informados doutro campo no que se traballa nesta bodega, a investigación. Grazas a esta actividade, entre outros avances, logrou desenvolver a súa propia levadura ecotípica que utiliza no proceso de fermentación. 

Powered by Drupal - Design by artinet