PROXECTO E-TWINNING

Este proxecto levouse a cabo dende o mes de outubro e finalizará a finais de maio.

A profesora de francés Marina participou en francés co seu alumnado de 2º CS Aloxamentos e a profesora de inglés Patricia participou en inglés e español co seu alumnado de 1ºCM Servizos.

Trátase dun proxecto de colaboración internacional entre 5 centros europeos: xunto co noso participaron dous centros en Italia, un centro en Polonia e un centro en Suecia. O intercambio lingüístico fíxose en inglés, francés e español xa que son as linguas que os alumnos estudan nos distintos países.

Ligazón ao proxecto

Iniciar sesión