Responder ó comentario

Música libre de dereitos de autor

A continuación imos comentar algunhas da páxinas máis coñecidas que nos permiten descargar música libre de dereitos de autor.

Resultado de imagen de jamendoEn Jamendo podemos atopar cancións novas de grupos independentes. Conta cun banco de música enorme que permite filtrar por xénero, estado de ánimo, intrumentos, tipo de proxecto ou lingua.

 Resultado de imagen de Youtube Audio LibraryYoutube Audio Library ofrece música tanto libre de licencia como baixo licencia Creative Commons. Resulta moi práctica se queremos poñerlle música a un vídeo que subimos a Youtube xa que podemos facelo directamente dende a configuración  do vídeo.

 Resultado de imagen de soundcloud Souncloud permite descargar música baixo licencia Creative Commons sen necesidade de rexistrarse. É unha das máis coñecidas.

Resultado de imagen de auboutdufil musique Auboutdufil permite descargar música gratuita e libre de dereitos de autor clasificada por xéneros.

Resultado de imagen de audionautix Audionautix ofrece música baixo Licencia Creative Commons 3.0. Permite utilizar canciones (mesmo con fins comerciais) coa condición de incluir a url da web ou a fonte “music by auidonautix.com” Conta cun gran arquivo de música que clasifica as cancións por xénero, estado de ánimo o tempo.

Resultado de imagen de musopen En Musopen podemos atopar sobre todo música clásica gratuita, clasificada por compositor.

  incompetech Incompetech esixe  mencionar ao artista a cambio de usar as súas cancións. Senon sempre podemos mercar a licenza por $5.

Na seguinte ligazón podemos atopar información moi interesante sobre:

  • pros e contras de utilizar música gratis.
  • conceptos importantes: dereitos de autor, licenzas, dominio público.
  • cuestións a ter en conta antes de descargar unha canción libre e gratuita.
  • Licenzas de pago, etc.

Se coñeces algunha outra páxina que proporcione música libre de deritos de autor e gratuita convidámoste a que a compartas. Tamén podes opinar sobre as que propoñemos.

Participa! Os teus comentarios poden enriquecer este blog!

Responder