Responder ó comentario

Buscando un caderno do profesor funcional e intuitivo

Coa progresiva introducción nas aulas das novas tecnoloxías, algúns profesores xa empezamos hai anos a usar un CADERNO DO PROFESOR DIXITAL.

Hoxe contamos cun abano bastante amplo de cadernos do profesor. O problema que xurde nestas circunstancias é cal elixir, cal sería o que mellor se adapta ás nosas necesidades como docentes.

A continuación imos ver algúns dos máis populares.

Additio elabora un dos cadernos de profesor máis completos.Horario de las clases. Etiquetas autoadhesivas, lapela para poder almacenar un montón de follas engadidas, clasificación do alumnado por clases, control da avaliación continua, capacidade para todo tipo de anotacións individuais, faltas de asistencia, observacións, mesmo se poden organizar as nosas páxinas web.

O caderno de profesor Dúplex estaría máis orientado aos titores xa que dispón de suficiente espazo para todas as anotacións necesarias.

Eu veño usando dende hai anos un caderno gratuito moi sinxelo pero eficaz: o caderno de Feliu.

Gesticlas é unha aplicación que acaba de actualizarse (versión 2.65, actualizada o 02/01/2018) é unha ferramenta moi completa e que de momento é gratuita.

En Play Store podemos descargar tamén algúns cadernos que teñen moi boa pinta. Eu non tiven tempo de chequealos e non pode opinar do tema polo momento.

 No blog educacontic recoméndase iDoceo, que é unha App para IOS que na súa web conta cun extenso manual de uso e un foro de consultas moi útil. O seu prezo non é excesivo para o que ofrece: 9,99 euros. En Android, existe una aplicación similar chamada Cuaderno del Profesor.

En fin, como vedes a lista é moi extensa.... Anímovos a botar unha ollada a algún destes e que deixedes algún comentario e nos recomendedes algún outro que coñezades.

 

Responder