Algunhas ideas para usar Evernote na educación.

Descubrín Evernote xa hai uns cantos anos e quedei "enganchada" a este trebello que me axuda a organizar a inxente documentación que manexamos a cotío, por iso convertiuse xa nun imprescindible para min.

Estas poderían ser algunhas formas nas que o profesorado pode integrar Evernote na súa labor docente:

  • Dixitalizar rápidamente, facendo unha foto co móbil, todo tipo de documentos.

  • Compartir información co alumnado ou cos pais.
  •  Gardar e organizar información para preparar clases.evernote

  • Grabar e gardar documentos audio. 

 O alumnado tamén pode aproveitar o seu uso para tarefas como:

  •  Tomar apuntes.
  •  Planificar tarefas.

  • Levar a cabo traballos colaborativos cos compañeiros.

  • Recompilar información para traballos de investigación.

  • Atopar información ou respostas sobre calquera tema, traducir, etc. en cuestión de segundos.

 

Evernote: unha maneira sinxela de gardar, organizar,localizar e compartir información

 Basta xa de papeis que no momento preciso non recordo onde gardei, de informacións interesantes lidas en páxinas web que non lembro, de blogs con información super interesante dos que esquecín por completo o nome!

xa hai uns anos que descubrin esta aplicación máxica: o seu nome EVERNOTE.

Evernote pode funcionar como o teu segundo cerebro ou como o teu Google personalizado. O seu segredo cando funciona como buscador está no uso das etiquetas que lle proporciona á búsqueda unha grande axilidade.

Poderiamos nomear outras moitas avantaxes:

  • Dispoñible no ordenador, na tablet e no teléfono móbil. Tamén desde o correo electónico.
  • Localiza rápidamente información buscando por unha palabra mesmo manuscrita, escaneada, nuna foto ou nun PDF.
  • Busca sincronizada con Google instalando a extensión de Evernote Web Clipper en Chrome ou Firefox e marcando a casilla “Mostrar conteido de Evernote relacionado coas miñas buscs web“.
  • Para dixitalizar papel facendo unha foto da folla dentro da mesma aplicación de Evernote coa cámara do móbil. Evernote presentaa cun marco (cuadrado ou rectangular) para alinear as páxinas, de forma que as notas aparezan perfectamente escaneadas e se poidan engadir varias nunha mesma nota.
  • Usando aplicacións como Scannable,  JotNot, TurboScan no dispositivo móbil (iOS) ou CamScanner (Android), pódense escanear varias páxinas e gardarlas en Evernote como documentos .pdf ou .jpg.

 

Creando presentacións con GOOGLE SLIDES

Todos utilizamos algunha vez na nosa práctica docente a presentación como ferramenta didáctica e somos coñecedores da súa eficacia na clase. Quen non coñece Power Point ou Prezi? Nembargantes hai outras ferramentas de presentación que non acostumamos usar e que porén non son menos interesantes nin menos prácticas. Estou a pensar en Google Slides, unha ferramenta gratuita que permite crear presentacións online de maneira sinxela e intuitiva.

No blog enlanubetic.com.es  enuméranse 5 características que fan desta ferramenta un imprescindible:

1. URL de atallo que podemos incluir como unha bookmark no noso ordenador para comezar rápidamente a crear unha presentación. A dirección é a seguinte: https://slides.google.com/create

2. Permite inserir vídeos de Youtube pinchando en insertar e poñendo a URL do vídeo.

3. Activando a opción de preguntas e respostas obteremos unha ligazón que se pode compartir coa audiencia ou no noso caso o alumnado e que lle permite formular preguntas directamente ao orador, que logo quedan rexistradas e o orador ou profesor pode responder unha vez finalizada a presentación. Ao final tamén se poden votar as mellores.

4. Conta con plantillas propias e con outros sitios que proven plantillas gratuitas ou de pago.

5. Permite redactar utilizando a voz.

Animádevos a probala. É supersinxela!

Onde atopar imaxes libres de dereitos para as nosas presentacións ou blogs?

Atopar bancos de imaxes gratis non é moi difícil,  basta con facer unha busca en Google para ter uns cantos. Pero ollo, non tódolos bancos de imaxes gratis son iguais.

Poden ter so fotos reais o ilustracións creadas por ordenador ou modificadas, imaxes en alta resolución, en diferentes tamaños, imaxes gratis sen dereitos de autor ou con eles, etc.

Por todo isto, xa non resulta tan fácil elixir.

Imos ver cales son os bancos de imaxes gratuitas máis populares e analizalos.

  • Puntos fortes: buscador bastante útil onde podes filtrar por categorías, por orientación (horizontal ou vertical), por tamaño e por cores. Ofrece fotos gratuitas e fotos baixo licencia Creative Commons.
  • Rexistro: non é obrigatorio

 

  • Puntos fortes: repositorio de imaxes con alta resolución en español.
  • Rexistro: non é obrigatorio pero se te rexistras tés ata 1000 Gb de almacenamento gratuito.
  • Precaucións: non esquezas seleccionar o tipo de licencia Creative Commons no buscador para atopar as imaxes sen copyright.

  • Puntos fortes: máis de 13 millóns de imaxes de alta resolución para descargar totalmente gratis.
  • Rexistro:non é obrigatorio

 

  • Puntos fortes: aínda que é relativamente novo e non conta con moitas fotografías, a calidade e orixinalidade das mesmas é destacable.
  • Rexistro: non é obrigatorio
  • Precaucións: algunhas imaxes poden resultar algo "frikis", atrevidas, excesivas. Ollo con pasarse!

  • Puntos fortes: grande variedade de fotos libres de dereitos. Fotos elegantes e contemporáneas.
  • Rexistro: non é obrigatorio

Freepik: banco de imaxes vectoriais 100% español

  • Puntos fortes: o banco de imaxes deste tipo gratuitas máis importante a nivel mundial. Buscador moi sinxelo.
  • Rexistro: non é obrigatorio

 

 

 

  • Puntos fortes: repositorio con máis de 300 millóns de imaxes. conta cun plugin para WordPress
  • Rexistro: non é obrigatorio
  • Precaucións: non esquecer seleccionar o tipo de licenza.

Wikimedia Commons:

  • Puntos fortes: xigantesca base de datos multimedia. Gratuito para o mundo da educación.
  • Rexistro: non é obrigatorio
  • Puntos febles: a calidade , variedade e orixinalidade das imaxes a veces deixa moito que desexar.

A Internet profunda. Que é?

Algunha vez oíches falar da Internet profunda? Sabes a que se refire?

Chámase así unha rede invisible que non ten  un uso habitual e na que non hai regras, na que se saltan os buscadores e os usuarios buscan o anonimato. Polo tanto a entrada neste mundo non é aconsellable.

Se queres profundizar no tema, aquí deixo unha ligazón.

 

Que é o malware?

Usamos este termo para nomear a todo tipo de programas utilizados para danar o noso ordenador. O tipo máis coñecido de malwarwe é o virus informático.

Que podemos facer para evitar que estes programas danen o noso ordenador?

A mellor maneira de protexerse é usar un paquete antivirus. Este paquete é fácil de descargar e cómodo de usar.  Revisa os novos programas descargados, escanea con frecuencia a computadora para librarse de calqueira signo de malware, avisa duhna posible entrada destes programas ou detecta páxinas web que poden ser nocivas para o ordenador.

Existen programas antivirus gratuitos ou programas de pago.

Entre os gratuitos, os máis coñecidos son Avast e Avira. A avantaxe que teñen frente aos de pago é simplemete económica xa que os de pago ofrecen unha grande eficacia.

Tamén existe mlware para os teléfonos móviles, a maioría aloxado en mensaxes.

Estes serían algúns consellos para evitar ser atacados:

  • Manter o sistema operativo actualizado.
  • Antes de descargar unha app ler as condicións que pide e ler comentarios doutros usuarios.
  • Non abrir correos electrónicos estranos, moi longos ou sospeitosos nin pinchar en ligazóns.
  • Usar un antivirus.

Audacity na aula de lingua estranxeira

Quixera falarvos hoxe da miña experiencia no uso da ferramenta Audacity na ensinanza  do francés no CS de Dirección de Servizos de Restauración.

Xa hai anos que descubrín esta ferramenta e dende entón considéroa un imprescindible nas miñas clases de lingua francesa.

Audacity é un programa libre e de código aberto para grabar e editar sonido. Entre as súas funcións están a grabación, edición e manipulación de arquivos de sonido en diferentes formatos, entre eles WAV, MP3 e OGG. 

O uso que eu fago nas miñas clases consiste en grabar por parellas conversacións nas que se interpretan os roles de de profesionais da restauración e clientes. Desta maneira o alumnado grava os diálogos que logo se gardan en formato MP3 nunha carpeta compartida conmigo en Google Drive. Nun segundo tempo o alumnado escoita as súas gravacións co fin de recoñecer erros e finalmente revísanse na clase e corríxense os erros. 

Logo de corrixidos os erros vóltase a gravar e a gravación definitiva avalíase e pódese inserir no blog de aula ou mesmo se podería inserir nun programa de radio. De momento con isto non experimentamos, non por falla de gañas senón por falla de tempo.

Segundo a miña experiencia, resulta un recurso moi motivador, ben aceptado e que soe xerar moita implicación por parte do alumnado, que se esforza e aprende moito máis que con propostas máis tradicionais. ACONSELLABLE 100%.

 

Mª Carmen Seijas Sarceda, profesora de francés e coordinadora das TIC no CIFP Manuel Antonio.

 

Benvida

Ola e benvid@s ao Blog de TIC do CIFP Manuel Antonio!

Xa hai tempo que viñamos dándolle voltas á idea de crear un espazo dentro da nosa páxina web no que poder aportar ideas, experiencias, novidades, recursos e poñelos á disposición da nosa comunidade educativa no afán de promover o uso das TIC como ferramenta de aprendizaxe.

Con esta finalidade e coa ilusión de ser útiles aos nosos compañeiros e alumnado nace este blog.

Tentarase adaptalo en todo momento as necesidades e inquedanzas de todos e para iso solicitamos tamén a vosa participación. Queremos que sexa un espazo vivo e participativo. Animámosvos a que deixedes os comentarios que consideredes oportunos. O noso blog medrará con eles!