Visita das alumnas do Lycée Ramiro Arrue á empresa Kiaia, na localidade de Paredes de Coura, en Portugal.

Alí mesmo, en Paredes de Coura, fabrican os marabillosos zapatos FLY LONDON. Deixámosvos unhas fotos para que vexades o nivel do produto e máis das instalacións.

E por suposto, dende aquí queremos deixar constancia do bo recibimento que lles deron ás alumnas e as profesoras francesas e dámoslle as

grazas á todas as persoas da empresa Kiaia que fixeron posible esta visita.

 

Alumnas e profesoras do Ramiro Arrue posando diante do camión onde se tranportan os zapatos FLY LONDON

Panorámica da sección de fabricación.   Vista das solas dos zapatos FLY. pódese apreciar a boa calidade da goma.

 

Visita das alumnas de Saint-Jean-de-Luz á empresa Selmark

Aquí podemos ver ás alumnas do Lycée Ramiro Arrue na visita que fixeron á empresa SELMARK, acompañadas das súas dúas profesoras e tamén de dúas profesoras do noso colexio, Manuel Antonio.

Foi unha visita moi interesante. Temos que mencionar que fomos moi ven recibidos,  ensináronnos todas as seccións e a verdade que foron uns marabillosos anfitrións.

Puidemos ver desde o departamento de deseño, patronaxe, corte, facturación, e moito máis. Explicáronnos como desenvolven todo o proceso produtivo e a verdade que a visita foi moi instrutiva.

Gustáronnos moito os seus impresionantes modelos de roupa interior e baño

.

Intercambio de alumnado da familia de téxtil do Lycée Saint-Jean-de-luz (Francia) e o Centro Manuel Antonio.

Este mes de xaneiro a nosa familia téxtil do colexio Manuel Antonio, recibiu a visita dun grupo de alumnas do Lycée Ramiro Arrue de Sain-Jean-de-Luz  que están a estudar o bacharelato profesional de moda.

Acompañadas en todo momento das súas dúas profesoras Catherine y Natalie, asistiron ás nosas clases, fixeron visitas a empresas da zona e por suposto, tamén tiveron tempo de facer rutas turísticas, coñecer a nosa gastronomía e sobre todo, de establecer lazos amizade con moitos dos nosos alumnos.

Esta é unha visita que non imos esquecer, e de seguro que @s nos@s alumnas, que van ir tamén a visitara o seu instituto este próximo febreiro, vanse sentir moi ben en Sain-Jean-de- Luz.

Seguiremos falando de todas as actividades que desenvolveron estas dúas semanas.

 

TAPIZADO DE MOBLES

Traballo dos alumnos de segundo do ciclo de Tapizaría e Cortinaxe

Deixamos aquí una pequena mostra dos traballos que fixeron na primeira avaliación os alumnos de 2º de básica do ciclo de Tapizaría e Cortinaxe.

Como podedes apreciar, xa fan traballos moi interesantes.

As cadeiras (por certo, que estaban moi vellas) quedaron totalmente restauradas. Déronlle unha segunda vida. Lixáronas e restauráronlle a madeira, pintáronas e tapizaron os asentos.

Que vos parece? É un traballo xa case, case, profesional.

2º de COMO

Estes son os traballos que fixeron @s alumn@s de segundo de COMO no módulo de acabamentos no primeiro trimestre. Bolsos, neceseres, diademas, mochilas, sombreiros…e moitas cousas máis. Moi bonitas e ben feitas.

Que vos parecen?

 

Esta materia axuda a que os alumnos adquiran creatividade e habilidade á vez que aprenden todo tipo de acabamentos téxtiles.  

O primeiro traballo deste ano

O primeiro traballo do curso de segundo de tapizaría e cortinaxe. É una cousa faciliña para ir abrindo boca. Aquí volo deixo. Uns acericos en feltro para os alfinetes, SUPER ORIXINAIS!

Máis que nada tratábase de ir collendo  forzas para o novo curso despois das merecidas vacacións, e tamén para desenvolver a creatividade dos alumnos. 

A moda sustentable en Galicia. Alazia Couture

 

Alazia Couture, moda sustentable e ecolóxica

Alazia Couture xurdiu no 2016 froito da unión das dúas deseñadoras, Carmen Louzao e Tania Aira.

As súas coleccións confeccionadas con materiais ecolóxicos, libres de químicos   e tecidos   reciclados moi innovadores,  leva no mercado xa tres coleccións e, polo éxito que están a ter, parece que haberá moitas máis.

 

 

O MAGOSTO no Manuel Antonio

Seguindo a tradición do calendario festivo/cultural galego, No colexio Manuel Antonio celebrou o xoves 9 de novembro un MAGOSTO no pavillón deportivo do centro.
Animáronse todos e todas a participar: profesorado, alumnado, persoal de administración e servizos.

Houbo, castañas asadas, petiscos típicos de Outono,música e xogos moi divertidos.

 

 

Aquí uns deliciosos bolos de vento típicos destas datas, uns bolos preñados e un cartucho de castatañas. TODO UN MAGOSTO!!

 

Alumnos da famila téxtil presenciando os xogos

Colaboración co hospital Álvaro Cunqueiro

No hospital Alvaro Cunqueiro acondicionouse unha estanza para que nela poidan xogar os nenos  que permanecen ingresados na unidade de pediatría. Os alumnos de primeiro de COMO (Ciclo medio de Confección e Moda) colaboraron confeccionando uns coxins.

Deste  xeito, os nenos poderán pasalo ben e esquecer por un tempo as súas enfermidades.

Aquí pódese ver aos alumnos implicados no proceso de confección.

Fermoso xesto, verdade?

CELEBROUSE SAMAÍN NO MANUEL ANTONIO

Os alumnos do Manuel Antonio adornaron as súas portas co motivo do SAMAÍN. Aquí vai unha pequena mostra dos traballos dos diferentes ciclos da familia téxtil. Ai que medo!!!


 

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo