O programa Erasmus

 

Imágenes en el dominio público Licencias Creative Commons

Esta información pode ser moi interesante para todos os nosos alumnos que este ano rematen o ciclo e teñan que facer a FCT.
Estamos no tempo de solicitar un Erasmus facer as prácticas no estranxeiro.  
Hai moitos motivos polos que facer un Erasmus, para aprender outro idioma, coñecer novas culturas, atopar un bo traballo noutro país, aprender a convivir con outras persoas, e por suposto,  enriquecer o voso currículum. Así que non volo pensedes e non deixedes pasar a oportunidade.
Na familia téxtil xa temos moitas experiencias de alumnos que fixeron Erasmus, mesmo o ano pasado tivemos unha alumna en 2º de COMO facendo a FCT en Irlanda, hoxe en día segue establecida nese país cun traballo da súa especialidade e polo que sabemos,  síntese moi contenta e realizada.

 

Jessica Costas Alonso e a súa colección "In the park"

A ex alumna do Centro Manuel Antonio, Jéssica Costas Alonso, fíxose co terceiro premio do certáme de xóvenes talentos, na vixésima séptima edición da Mostra do Encaixe de Camariñas.

Jessica gañou cunha colección titulada "In the park" , unha proposta xoven e atrevida.

 Aquí deixamos unha pequena mostra do seu traballo.

https://www.instagram.com/hahehi_com/

Visita ás empresas INDITEX, JEVASO Y ETIEM

Os alumnos de 1º y de 2º del Ciclo Superior de Patonaxe e Moda, visitaron ás tres empresas que se atopan no polígono de Sabón en Arteixo.

Foi unha experiencia moi interesante.

Pola mañá visitaron Inditex onde quedaron abraiados pola súa tecnoloxía, alí viron moitas seccións.  Despois  foron a Jevaso, onde foron dirixidos por todas as seccións por María, unha amable guía. Para tomar o xantar achegáronse á praia de Sabón e…xenial! un día perfecto! Ata se podía ver o porto exterior de Langosteira ao lonxe. Pola tarde, na súa visita a Etiem, deulles a benvida o mesmo Javier Cañás!. Os alumnos quedaron gratamente impresionados.

As tres empresas portáronse moi ben .

A excursión mereceu  a pena!

 

Éxito dos nosos alumnos de téxtil

A Consellería de Cultura concedeu á nosa alumna do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda, Carmen Campos Casqueiro, un dos Premios Extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2016/17 entre los 23 recoñecidos a nivel galego.

Dende aquí os nosos parabéns, Carmen!. Estamos orgullosos do teu triunfo!.

Deixamos o enlace á páxina do Faro de Vigo onde se fan eco do éxito:

https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2018/06/11/cinco-alumnos-fp-provincia-premiados/1908898.html

 

https://www.farodevigo.es/galicia/2018/06/18/buscar-empleo-30-anos-decian/1913012.html

Traballo conxunto dos alumnos de diversos ciclos de téxtil do Manuel Antonio cos alumnos do IES Audiovisual Vigo.

Fotos de Christian FernándezFotos de Christian Fernández

   Os alumnos de téxtil do CIFP Manuel Antonio xunto cos alumnos do IES Audiovisual Vigo fixeron unha bonita reportaxe fotográfica.

  Recentemente os alumnos de 1º dun dos ciclos que se imparten no do IES Audiovisual de Vigo viñeron ao centro    Manuel Antonio e fixeron unha reportaxe fotográfica cos alumnos d3e téxtil pousando con modelos deseñados e   confeccionados por eles mesmos.

 As fotografías tomáronse nos exteriores do Centro Manuel Antonio que posúe unha contorna singular, rodeado de natureza e fermosos recunchos.

 Resultaron fotografías dunha calidade excepcional, mesmo parecen verdadeiramente de  profesionais con moita experiencia.

 Deixamos unha mostra para que vexades a que nivel están os estudantes da FP.

Os nosos parabéns tanto aos fotógrafos, estilístas, colaboradores, confeccionístas así como aos modelos.

Tania Gómez, de 2º de COMO: Fotografía de Andrea PradoTania Gómez, de 2º de COMO: Fotografía de Andrea PradoTania Gómez: Tania posa para Andrea Prado MartinezTania Gómez: Tania posa para Andrea Prado MartinezTania Gómez: Tania posa para Andrea Prado Martinez

Alumnos de 2º de COMO, foto de Andrea Prado MariñoAlumnos de 2º de COMO, foto de Andrea Prado MariñoAna Pérez de 2º de COMO, posa para Antoni Castro

Sara Y David, alumnos de 2º de COMO, foto de Andrea Prado MariñoSara Y David, alumnos de 2º de COMO, foto de Andrea Prado Mariño

Ana Pérez Blanco, 2º de COMO, fotografía de Antonio CastroAna Pérez Blanco, 2º de COMO, fotografía de Antonio Castro

Alumnos de 2º de COMO posan para Lucía BarrosAlumnos de 2º de COMO posan para Lucía Barros          Alumnos de 2º de COMO posan para Lucía BarrosAlumnos de 2º de COMO posan para Lucía Barros

Foto de Jorge Lago AlonsoFoto de Jorge Lago Alonso

Fotos de Christian FernándezFotos de Christian Fernández

Foto de David PuertoFoto de David Puerto

Foto de Iosua Rodríguez SeijoFoto de Iosua Rodríguez Seijo

Foto de David Puerto, modelo Eva VilasFoto de David Puerto, modelo Eva Vilas

Foto de Elizabeth CaamañoFoto de Elizabeth Caamaño

Foto de Susana lópez, modelo Tania GómezFoto de Susana lópez, modelo Tania Gómez

Foto de Susana lópez, modelo Tania GómezFoto de Susana lópez, modelo Tania Gómez

Foto de SilviaFoto de Silvia

Iria Gómez posa para Sara Martínez   Iria Gómez posa para Sara Martínez

Tania Gómez de 2º COMO foto de lucia BarrosTania Gómez de 2º COMO foto de lucia Barros

Tania nunha foto de Susana LópezTania nunha foto de Susana López

Foto de María Iris Fernández, posa Ana Pérez con camiseta feita por ela mesma.Foto de María Iris Fernández, posa Ana Pérez con camiseta feita por ela mesma.

Foto de María Iris FernándezFoto de María Iris Fernández

Foto de Susana LópezFoto de Susana López

Eva Vilas con vestido feito por Carlota. Foto de Roberto PastorizaEva Vilas con vestido feito por Carlota. Foto de Roberto Pastoriza

Foto de Chistian FernandezFoto de Chistian Fernandez

Foto de Sara MartínezFoto de Sara Martínez

Traballo dos alumnos do ciclo medio de Confección e Moda

Estes zapatiños de bebé fixéronos os alumnos de ZM nas materias de Corte de materiais e Confección industrial utilizando como material a pel. Realmente son unha “monada”  

A ex alumna do MANUEL ANTONIO Marta del Río Moldes, gañadora do terceiro premio no Desfile de Noveis Deseñadores, na Mostra Do encaixe de Camariñas

Modelos no desfileModelos no desfile

 A ex alumna do Manuel Antonio, Marta del Río Moldes, conseguiu o terceiro premio no desfile de Noveis Deseñadores, na XXVIII Mostra do encaixe de Camariñas coa súa colección “Cinzas”.

Marta quedou moi afectada pola riada de incendios que asolou Vigo e a súa contorna en outubro do 2017. Quixo expresar a súa rabia cunha fermosa colección de austeros deseños con encaixes tinguidos a man en cor cinza e uns elementos que impiden o movemento das mans e a boca, amosando así a impotencia que lle causou o sucedido.

Dende aquí querémoslle transmitir os nosos máis sinceros parabéns e os mellores desexos para que siga recollendo éxitos.

DesfileDesfile

 

 

Se queredes seguir a súa conta de Instagram aquí queda o seu enderezo:

@mardel_rio

 

A PREVENCIÓN DE RISCOS NO SECTOR TEXTIL

 

A Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais ten por obxecto promover a seguridade e a saúde dos traballadores mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención de riscos derivados do traballo.

A maioría dos accidentes na industria téxtil prodúcense nas seccións de confección e vestiario.

Os accidentes na pel son producidos pola utilización de máquinas e ferramentas para seren usadas nas operacións de corte, costura ou prensado, producindo cortes, golpes, atrapamentos ou proxeccións de material. Non se deben esquecer outros riscos de tipo químico, por exposición a substancias nocivas nos procesos ou acabados da pintura, ademáis dos riscos da ergonomía por posturas de traballo inadecuadas e repetitivas.

No seguinte enlace podedes descargar un completo manual básico de prevención de riscos laborais para a familia profesional do textil.

http://www.sefcarm.es/web/pagina?IDCONTENIDO=5176&IDTIPO=246&RASTRO=c$m29962,30061,9983,12510,19559

 

Museo da Moda en Allariz

Recentemente os alumnos de ZM en réxime de adultos tiveron a oportunidade de visitar o Museo da Moda en Allariz.

A verdade é que o Museo da Moda de Allariz merece unha visita. O museo ocupa un antigo palacete na zona vella desta localidade, nel pódese ver a importancia que chegou a ter, en toda Galicia e particularmente en Allariz, a produción de liño. Tamén se pode facer un pequeno percorrido pola evolución do traxe nos dous últimos séculos.

O Museo da Moda de Allariz está na Rúa do Portelo

Deixamos unhas fotos para que o poidades apreciar.

 

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/08/10/allariz-abre-primer-museo-moda/858886.html

http://www.disquecool.com/2013/10/10/unha-breve-historia-da-moda-nun-museo-en-allariz/

 

 

 

Colección de xustillosColección de xustillos

vestido de recordosvestido de recordos

FantasíaFantasía

 

Vestido para unha raíñaVestido para unha raíña

 

Colección de chapeus femininosColección de chapeus femininos

Breve historia do traxeBreve historia do traxe

A evolución da modaA evolución da moda

Visita dos alumnos de ZM en réxime de adultos á empresa STL (Sociedad textil Lonia) no Parque Empresarial de Pereiro de Aguiar en Ourense.

Dentro da programación de ciclo medio ZM hai una parte moi importante dedicada á pel. Que mellor sitio onde ver todo o proceso da confección da pel que na empresa STL! Alí se deseñan e fabrican as marcas Purificación García y CH Carolina Herrera. Os seus bolsos e prendas de pel son dunha calidade inmellorable.

Os alumnos tiveron a oportunidade de facer un percorrido polas instalacións acompañados en todo momento por unha persoa de RRHH, que foi explicando o proceso produtivo dun xeito moi didáctico e ameno.  Cal sería a súa alegría cando se atoparon cos seus compañeiros que están a estudar tamén o ciclo ZM, pero na modalidade de Dual nesta mesma empresa!.

Ao rematar a visita, a excursión continuou á fermosa vila de Allariz co fin de ver as antigas curtidoiras, o Museo da Pel e o Museo da Moda. A guinda axeitada para o pastel!.

  

 

 En STL dispoñen da aquinaria máis moderna e da última trecnoloxía. Aquí podemos ver unha máquina de corte automático de pel.

 

Na empresa STL trabállase coas peles máis sofisticadas e prezadas

Operaria facendo un labor de confección

 

Lavadora "industrial" nunha cortidoría de Allariz

Allariz a súa contorna é una zona tradicionalmente unida aos curtidos de peles

As antigas curtidoiras estaban sempre ao carón dun río pois necesitaban de auga.

Pilos de curtición

  

Foto dun operario facendo traballos de curtido

Museo do Taxe en Allariz

Vestidos de época no Museo do Traxe

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo