Alumnos do 2º curso do Ciclo Básico de Tapicería e Cortinaxe traballando no taller de tapizaría do CIFP Manuel Antonio

O Ciclo Básico de Tapizaría e Cortinaxe abarca unha formación teórico-práctica, que te permite desenvolver  competencias especializadas para  realizar tapizados de mobles, enteado de superficies,  e fabricación de artigos téxtiles para o fogar e a decoración. Co título Profesional Básico en Tapicería y Cortinaxe os alumnos atoparán diversas saídas profesionais, pois van poder traballar no ámbito da tapizaría artesanal como  confeccionando cortinas e estores,  asentos de coches, enteando e empapelando paredes, etc.

Na foto pódese ver aos alumnos de 2º curso facendo diferentes traballos de tapizaría no taller do Manuel Antonio.

Visita dos alumnado da familia téxtil do CIFP Manuel Antonio a “Despunte - Desfile EASD Mestre Mateo”

Os alumnos do téxtil do Manuel Antonio foron invitados ao “Desfile EASD Mestre  Mateo de Deseño Moda e Xoiaría”  onde se mostraban os traballos finais de estudos dos alumnos da Escola.

O acto celebrouse no Museo do Centro Gaiás, na  Cidade Da Cultura en Santiago de Compostela.

Na foto están os alumnos xunto cos profesores de 1º e 2º de COMO e PAMO.

Irene Gómez Rodríguez, gañadora do terceiro premio do certame "Xuventude Crea 2018"

A alumna Irene Gómez Rodríguez de 1º do Ciclo Superior de Patronaxe conseguiu o terceiro premio no certame “Xuventude Crea 2018” cunha colección que chamou 'Ónix'. Deixamos unha mostra deste traballo. Trátase dun deseño moi innovador e orixinal.

 

https://cargocollective.com/irenegomez

 

 

O Nadal no Manuel Antonio

Os alumnos de 1º de FP Básica de Tapizaría e Cortinaxe, sempre colaboradores e imaxinativos, prepararon estes adornos para fomentar o espírito do Nadal no Manuel Antonio.

  

 

Máis traballos dos alumnos de 2º COMO, módulo de acabamentos

Aquí deixamos unha mostra máis dos traballos feitos na primeira avaliación no módulo de acabamentos.
Cada un dos alumnos elixiu un tipo de acabamento como os que vemos nas fotos, pinturas con padrón e  desgastado con trade.

Mesmo parece un taller de bricolaxe!

Alba Otero López. A flamante gañadora do segundo premio de Galicia SKILLS 2018

Os pasados 28, 29 e 30 de novembro tivo lugar en Silleda o V Campionato Galicia Skills 2018

A familia de Moda e Confección foi moi ben representada polas alumnas, Alba Otero, Águeda Comesaña e Noelia Hermida .

 Alba Otero López de 2º de COMO conseguiu o segundo premio.

Desde aquí dámoslle as gracias a Alba por facelo tan ben, a Águeda e Noelia polo seu esforzo  e por deixar o pavillón tan alto, e  por suposto, a Mónica de Acevedo por preparalas, dirixilas e acompañalas.

 Aquí podemos ver a Alba moi contenta co seu agasallo, aás tres participantes xunto con Mónica e tamén a outras alumnas de COMO que foron a Silleda a ver e animar ás súas compañeiras.

 

 

Melania Teixeira, unha alumna que triunfa

Melania Teixeira estudou no Manuel Antonio Confección e Moda.

Hoxe é unha deseñadora de éxito que xa posúe a súa marca propia “A Rapaza”.

Deixamos esta ligazón para que poidades ver a súa traxectoria.

https://noticiasdearnedo.es/2018/11/29/melania-teixeira-pablos-fundadora-la-rapaza/

V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018

O campionato galego da formación profesional Galiciaskills celébrase cada dous anos. Agora mesmo estase celebrando a competición no recinto feiral de Silleda.

A familia téxtil ten a tres alumnas de 2º de COMO competindo e como sería de esperar, as súas compañeiras foron velas para animalas. Aquí deixamos una foto da súa visita.

Moita sorte, compañeiras!

 

 

 

Magosto no Manuel Antonio

Celebrouse o magosto no

Celebrouse o magosto no Manuel Antonio. Houbo castañas, bolos preñados e algunha delicia máis. Deixamos aquí unhas fotos onde se pode ver aos nosos alumnos troulando e pasando uns momentos moi  agradables.

Traballos dos alumnos de 2º de COMO

 Aquí deixamos unha mostra dos traballos que fixeron os alumnos de 2º de COMO no módulo de Acabamentos, no seu primeiro trimestre.

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo