Actividade de confección e patronaxe, que fixeron alumnado de Modular, Dual e CS. O traxe na antigüidade.

Recentemente as alumnas de modular e dual e tamén de Ciclo Superior realizaron unha actividade baseada na vestimenta antiga. Dirixiunas nesta tarefa unha moi boa confeccionísta que realiza traxes de época para espectáculos e representacións teatrais. Foi unha actividade moi interesante e as alumnas sentíronse moi satisfeitas cos resultados obtidos e cos coñecementos adquiridos.

Fixeron un verdugado como os que utilizaban as mulleres do século XVI e tamén un xustillo.

Coma sempre, deixamos unha foto do traballo, e das alumnas que participaron nesta actividade.

Dábase este nome, verdugado, a un tipo de saia que levaba uns aros cosidos e que se poñía debaixo da saia exterior para conseguir unha forma de campá. Utilizábano as cortesáns do século XVI. O verdugado é de orixe español pero o seu uso estendeuse por toda Europa.

Visita dos alumnos e profesores de téxtil do Manuel Antonio á feira Modtissimo en Oporto.

   Os alumnos de Ciclos medios, Ciclo Superior, Dual e Modular de téxtil do CIFP Manuel Antonio, desprazáronse onte, día 27 de febreiro a Porto a visitar a Feira Modtissimo Porto Fashion Week.

Alí puideron ver toda a oferta  de tecidos e téxtiles, así como produtos xa elaborados, e moda, moita moda!

Coma sempre...deixamos as fotos e tamén o enderezo á páxina web do evento para que poidades ver en que consiste.

http://www.modtissimo.com/ 

 

.

 

 

O CIFP Manuel Antonio en Edugal

O 27, 28 de febreiro e 1 de marzo terá abertas as súas portas o 8º Salón da oferta de educación e formación de Galicia (Edugal). Como non podía ser doutra maneira, o CIFP Manuel Antonio terá unha caseta ao longo destes tres días co fin de mostrar a súa oferta educativa e orientar a todos os estudantes que se sintan interesados nos ciclos que se imparten no Centro.

A familia téxtil foi a encargada de  representalo o mércores 27 pola mañá. No stand expuxéronse traballos que fixeron os alumnos de todos os Ciclos de téxtil. Os alumnos de 2º do Grao Básico de Tapizaría e Cortinaxe atenderon ao público encargándose de dar toda a información que lles foi requirida, amais disto,  estiveron traballando alí mesmo para que se puidese ver todo o que se aprende no seu ciclo. A demostración consistiu nun traballo coa técnica de capitoné que resultou moi divertida.

Dende aquí dámoslle as grazas a todos estes alumnos que traballaron tantísimo para que todo saíse perfecto.

Deixamos un enlace á páxina de Edugal para que poidades ver en que consiste este evento.

http://www.edugal.es/index.html

 

Visita dos alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe ao polígono téxtil de Valadares, TEXVIGO

Os alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda do Manuel Antonio, fixeron unha saía ao polígono téxtil de Valadares, TEXVIGO, onde visitaron diversas empresas do sector.

 Primeiro foron a Creaciones Paz Rodríguez, importante empresa onde se deseña e fabrica unha bonita moda infantil. Guiounos polas instalación Jorge e tamén Víctor quen lles explicou o funcionamento das tecedoras con todo detalle.

 A excursión continuou visitando Selmark. Alí foron atendidos por María. Os alumnos puideron ver todas as seccións desta importante empresa de moda íntima onde o deseño e a tecnoloxía van da man.

 A continuación visitaron Marga Novas- ChoKolat. Enrique amosoulles todas as seccións. Aos alumnos gustoulle moito a moda que alí fan, dirixida a unha muller nova e sofisticada.

 Seguiron por Oky onde foron recibidos por Sandro que os levou por todas as instalacións desta prestixiosa empresa. De alí saíron moi contentos e agradecidos con Sandro polos obsequios que este lles deu.

 Pasaron despois pola empresa  Mil Puntadas, onde guiados por María puideron ver as fantásticas máquinas bordadoras.

 Xa para rematar, trasladáronse a Partenón, empresa líder no sector do subministro integral de vestiario especializado de alto rendemento. Alí Miguel mostroulles as seccións de corte e almacén.

Dende aquí queremos agradecer a todas as empresas que fixeron posible estas interesantes visitas.


 

Xornada de emprendemento no CIFP Manuel Antonio. Charla da coñecida blogera Sara Rodríguez.

 O día 13 de febreiro, celebrouse no CIFP Manuel Antonio unha Xornada de Emprendemento dirixida a todo o alumnado de segundos cursos. Houbo diversa conferencias e actividades, entre elas, unha interesante charla que organizou o Departamento Téxtil.

Acercouse ao Centro unha recoñecida blogera, Sara Rodríguez, para contarnos as súas experiencias co seu blog “De costuras y otras cosas”.

 Sara é unha namorada do mundo da costura que traballa como confeccionísta para moitas marcas. Toda esta experiencia transmítea no seu exitoso blog que hoxe en día ten moitísimos seguidores e unha grande difusión.

Dámosche as grazas dende aquí, Sara, pola charla tan ilustradora e amena que nos deches.

Deixamos tamén un enlace ao blog por se queredes botar unha ollada, e por suposto, unhas fotos do acto, coma sempre.

(As fotos non son moi boas, tedes que perdoar, había unha luz moi pouco adecuada).

https://www.decosturasyotrascosas.com/p/indice.html

 

 

Alumnado do Ciclo Superior Patronaxe e Moda, posan cos certificados Trinity

As flamantes alumnas e alumno do Ciclo Superior, modalidade plurilingüe posando cos certificados Trinity.

Dende logo, isto aumenta a moral… e o currículo!

Os nosos parabén polo esforzo realizado!.