Blog Hostalaría e Turismo

Abril 2017

Terceira edición do PREMIO INCITUS

Está aberta a convocatoria da terceira edición do PREMIO INCITUS a proxectos de hostalería innovadores. Os mellores proxectos elixidos gozarán gratuitamente dun proceso de mentorización durante 3 meses na que se lles axudará a dar forma á innovación e creatividade desenvolvendo un completo Plan de negocio viable e sustentable achegando o noso coñecemento e experiencia.

DeGusta Europa no Mercado do Progreso

     

     

DEGUSTA EUROPA 2017

Arranca a segunda edición do Programa "Degusta Europa", co lema "A gastronomía dos Camiños", no que alumnado e profesorado do CIFP Manuel Antonio elaborará tapas, con produtos adquiridos nos mercados municipais dos concellos da provincia seleccionados, e os asistentes poderán degustar os produtos típicos dos camiños xacobeos que transcorren pola provincia de Pontevedra.

As quendas de "Degusta Europa 2017”  para o CIFP Manuel Antonio son:
·        Mércores 26 no Mercado do Progreso de Vigo (de 12 a 13 horas)
·        Xoves 27 no Mercado de Tui (de 12 a 13 horas)
·        Mércores 3 de maio no Mercado de Baiona (de 11 a 12 horas)
 
Convidase a todos/as os que queiran achegarse, para vivir unha nova experiencia e degustar as elaboración realizadas polo alumnado.

 Degusta Europa 2017

Powered by Drupal - Design by artinet