Blog Hostalaría e Turismo

Visita teatralizada no cemiterio de Pereiró

O alumnado de primero curso de Guía, información e asistencia turística aprendeu dunha visita teatralizada no cemiterio de Pereiró, Vigo. Nesta visita, recibíronnos ilustres personaxes da historia de Vigo coma Concepción Arenal, a Marquesa de Valladares ou o general Cachamuíña. Un ano mais, grazas ao equipo tan profesional de guías especializadas de Galicia, Guías de Vigo, pola calidade do voso traballo. O ano que ven, repetimos!!!

 

Hotel Nagari e Occidental Vigo

O día 27 de novembro o alumnado do ciclo superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos visitou os hoteis Nagari e Occidental Vigo. Coñecimos todos os rincóns das súas instalacións e explicáronnos con detalle o día a día na organización e funcionamento dos seus departamentos. Moitísimas grazas ao persoal de ambos establecementos pola súa colaboración!!

 

Visita Grupo HILTON Hotels & Resorts

O pasado 19 de novembro, representantes do grupo Hilton Hotels & Resorts visitaron o noso centro para invitar ao alumnado de Dirección de cociña, Dirección de Servizos e Xestión de Aloxamentos Turísticos, a recibilos no seu período de prácticas de FCT, ou para unha vez rematados os seus estudos.

Alumnado de Axencias de viaxe e xestión de eventos, e de Guías, información e asistencia turísticas, aproveitaron a xornada para por en práctica algunhas das súas aprendizaxes. Entre elas, na maxestuosa Biblioteca do noso centro, o mismísimo Manuel Antonio recibía ás representantes do grupo empresarial para gozar dunha visita teatralizada sobre a súa traxectoria persoal e profesional, con referencia a outras persoas ilustres galegas. Xa pola tarde, o alumnado de Guías realizou un guiado panorámico pola cidade de Vigo, explicando algúns dos espazos turísticos máis emblemáticos da nosa cidade. E... yes! Todo, todiño, in english!!....


Como fin da xornada, un agasallo fotográfico das experiencias e actividades desenvolvidas en agradecemento a Zorica Dutch e Ivana Kuzman, responsable de RRHH e supervisora de Formación e Desarrollo Profesional respectivamente do Grupo Hilton e tmán á profesora de turismo do CIFP Carlos Oroza,Tina Otero, que nos acompañou durante toda a xornada.


Parabéns ao profesorado e a cada unha das alumnas e alumnos dos ciclos de Axencias de viaxe e de Guías que participastes na organización previa e no desenvolvemento desta longa xornada... O voso centro felicítavos polo resultado do voso esforzo e compromiso incondicional!!

Pica aquí para acceder a fotos e vídeo das actividades.

 

 

Oficina de Turismo de A Illa de Arousa

A Illa de Arousa, 14 de novembro de 2019.

Alumnado do segundo curso do CS de Guías, Información e Asistencia Turística visitaron a oficina de turismo de A Illa de Arousa, o Museo Conserveiro e a Casa Museo de Valle Inclán en Vilanova.
Moitisimas grazas ao Concello da Illa, á sua concelleira e moi especialmente a Ana, a guía turística que nos acompañou! Da gusto que os nosos alumnos e alumnas aprendan de grandes profesionais coma ela.

Ata a próxima visita!!

Liderazgo e xestión de equipos no sector turístico

Sandra Mesias Otero, experta en gestión de equipos e comunicación no ámbito das organizacións empresariais, axudou ao alumnado de Axencias de viaxe e xestión de eventos a comprobar que cada un de nós enfréntamonos aos retos, aos cambios, ás normas e ás persoas de xeito diferente. Es paloma, ás veces águia,... ou loro, ou búho? Aprenderon a necesidade de ser tolerantes, aceptar que todas as personalidades son fantásticas, e que para traballar ben en equipo, deberíamos procurar, entre outras, a complementariedade dos seus membros.

Grazas Sandra Mesías pola esta xornada de formación sobre liderazgo, motivación e xestión de equipos.

Visita guiada caracterizada. Aguias de Vigo

 O pasado xoves 29 de novembro o alumnado do CS de Guía, información e asistencia turística e do CS de Axencias de Viaxe, realizaron unha fantástica viaxe ao Vigo do século XIX. A historia da nosa cidade contada a través da vida de tres grandes mulleres: Concepción Arenal, Irene de Ceballos, esposa de Policarpo Sanz e a Marquesa de Quiñones de León. Tamén Bernardo González del Valle, Cachamuiña, líder da Reconquista de Vigo tivo moitísimo que contarnos.

Unha visita guiada caracterizada no cemiterio municipal de Pereiró no que descubrimos a ilustres personaxes alí enterrados , dende logo un traballo impecable dos guías oficiais, Aguias de Vigo, aos que agradecemos esta oportunidade de aprendizaxe. Grazas!!

https://guiasdevigo.com/es/aviso_legal

Visita Adega PACO&LOLA

 

  

#pacolola #fphostalaría #curso20182019

 

Recién comezado o curso, o alumnado de 2º curso dos ciclos medios de Servizos e do ciclo superior de Dirección de Servizos tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións e o proceso de elaboración e producción dos viños da Adega Paco&Lola. E por suposto que tamén podemos dar fe da súa calidade, xa que participamos nunha exquisita cata de mostos elaborados o día anterior.
Para completar a xornada, o alumnado puxo en práctica as súas fantásticas habilidades para a vendimia.

 

Grazas aos responsables da Adega Paco&Lola por recibirnos e por tantos aprendizaxes que nos levamos!

 

Proxectos de innovación tecnolóxica ou científica do noso centro que veñen de ser premiados

Proxectos coordinados polo CIFP Manuel Antonio:

Proxecto: Novos formatos de comercialización do Mexillón de Galicia

Entidades colaboradoras:

Restaurante Culler de Pau 

AMEGROVE, Sociedade Cooperativa Galega

ANFACO-CECOPESCA

DOP Mexillón de Galicia

Proxecto: Estudo de seguridade alimentaria mediante a determinación de PCB en peixe e penso para acuicultura

Entidade colaboradora: 

Instituto de investigacións mariñas, CSIC 

Parabéns aos compañeiros do Departamento de Hostalaría que participaron nestes proxectos!

 

Proxecto no que participa o CIFP Manuel Antonio:

Proxecto: 3D. Como cambia a FP. 

Centro coordinador:  CEE Manuel López Navalón

 

Charla e cata de augardentes de Galicia

30/05/2018 09:40
30/05/2018 14:00

Lugar: Aula de cata

Grupos:

1º Dirección de Servizos

1º COGA A

1º CM Servizos

Coordinadora: María Jimeno

Visita á empresa do sector cárnico e ao restaurante Yayo Daporta

O alumnado do Ciclo Superior de Cociña, neste último trimestre de curso, está coñecendo as diversas empresas dedicadas á produción e elaboración dos alimentos.

Nesta xornada os estudantes visitaron a empresa cárnica Montiño, un referente no sector galego, en funcionamento desde 1978. Esta fábrica de embutidos conta entre as súas instalación cun matadoiro, unha sala de despezamento, así como dun almacén frigorífico.

Unha vez finalizada a visita, o grupo desprazouse ata o restaurante Yayo Daporta, en Cambados, un local que conta cunha estrela Michelin e é unha referencia no sector da restauración galega. Atendidos polo Chef, coñeceron as instalación do establecemento e degustaron algunhas das elaboracións da súa cociña.

  

 

      

Powered by Drupal - Design by artinet