CORTO "LA PECERA": A OBRA MÁIS REIVINDICATIVA SOBRE A EXPLOTACIÓN LABORAL

Película de corte social, que pon algo de luz no fondo escuro dun depósito de peixes de traballo temporal. Baseado nunha experiencia real o seu director, guionista e productor, Carlos Bouvier, dedícallo "a todos aqueles traballadores que se dedican a roubar a outros traballadores".

A forza da Pecera reside no impacto que tivo no autor un suceso en torno a unha empresa de traballo temporal, e  como tal suceso lle fixo entender que os traballadores deixaron de considerarse persoas, converténdose en beneficios e custos.

 

A PREVENCIÓN DE RISCOS NO SECTOR TEXTIL

 

A Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais ten por obxecto promover a seguridade e a saúde dos traballadores mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención de riscos derivados do traballo.

A maioría dos accidentes na industria téxtil prodúcense nas seccións de confección e vestiario.

Os accidentes na pel son producidos pola utilización de máquinas e ferramentas para seren usadas nas operacións de corte, costura ou prensado, producindo cortes, golpes, atrapamentos ou proxeccións de material. Non se deben esquecer outros riscos de tipo químico, por exposición a substancias nocivas nos procesos ou acabados da pintura, ademáis dos riscos da ergonomía por posturas de traballo inadecuadas e repetitivas.

No seguinte enlace podedes descargar un completo manual básico de prevención de riscos laborais para a familia profesional do textil.

http://www.sefcarm.es/web/pagina?IDCONTENIDO=5176&IDTIPO=246&RASTRO=c$m29962,30061,9983,12510,19559

 

PREVENCIÓN DE RISCOS: HOSTALARÍA

 

No sector hoteleiro temos que destacar sobre todo o traballo de restauración.

Os traballos característicos neste sector son:

  • Cociñeiros
  • Auxiliares de cociña
  • Camareiros
  • Xestores de bares ou cuartos.
  • Recepcionistas do hotel.
  • Persoal de servizos de limpeza.
  • Persoal de mantemento, etc.

 En canto os riscos relacionados co personal de cociña, podemos destacar os seguintes:

  • Contactos térmicos e queimaduras con freidoras, chapas, cociña e fornos preparados e bebidas.
  • Caídas no mesmo nivel debido a deslizamentos por graxa, alimentos e outras substancias que poden estar no chan ou tropezar con mercadorías situadas en todas partes.
  • Recortes con utensilios e máquinas de corte e cubertos de mesa.
  • Contactos eléctricos, especialmente cando se manexan electrodomésticos con mans húmidas.
  • Exposición a altas temperaturas, procedentes de cociñas e fornos.
  • Exposición a baixas temperaturas xa que na maioría das cociñas xeralmente hai unha cámara de refrixeración.
  • Contactos con sustancias tóxicas e irritantes durante as tarefas de limpeza.
  • Lume, debido á presenza de diferentes fontes. Especialmente interesantes son campás extractoras, xa que a súa falta de limpeza pode provocar incendios debido á acumulación de graxa. É necesario que as campás destas instalacións teñan a súa propia instalación de extinción.
  • Explosións, especialmente cando se traballa con cociñas de gas e equipos a presión.
  • Lesións musculoesqueléticas, derivadas do manexo manual de cargas pesadas, por tensións repetitivas e posicións forzadas.
  • Estrés, debido á presión exercida na preparación das ordes no tempo.

 No seguinte video veremos un pequeno resumo dos riscos específicos dun cociñeiro/a:

A continuación podedes visualizar os riscos relativos a un/unha axuntante de cociña:

 

Tamén lle podedes votar unha ollada os riscos relacionados co traballo dun camareiro/a:

CONCURSO IDEA 2018

PREME NA IMAXE PARA VER AS BASES

 

Convocatoria de premios MC Mutual

Co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no emprego MC Mutual convoca a X Edición dos premios MC 28 de abril.

Convocatoria e bases

Entrega do premio ás dúas alumnas do CIFP Manuel Antonio gañadoras do concurso Idea.

       

   O pasado luns 30 de xaneiro celebrouse na Cidade da Cultura de Santiago o acto de entrega de premios do Concurso Eduemprende Idea 2016.

Verónica Martínez  Álvarez e Jésica Rodríguez Quesado, alumnas do CIFP Manuel Antonio e gañadoras do primeiro premio, recolleron o galardón da man do Conselleiro de Economía, emprego e industria,  Francisco Conde.

O seu proxecto de negocio " QualityPastry", unha pastelería creativa e innovadora que ofrece productos para veganos e persoas con intolerancias alimentarias  foi  recoñecido co primeiro premio  na modalidade B para Ciclos Medios

A dotación do premio consiste en 3.000 € e a incorporación un dos viveiros da Rede de Viveiros de Empresa en Centros Educativos – dos que forma parte o viveiro do CIFP Manuel Antonio- , no que poderán contar co  asesoramento e os espazos necesarios para poder desenvolver o proxecto.

Parabéns as gañadoras!!! Bo traballo!

 O concurso Idea é convocado todos os anos pola Consellería de Educación para premiar os mellores proxectos de empresa elaborados polo alumnado  matriculado en Ciclos Formativos.  O certame conta con dúas modalidades, unha (A) dirixida aos estudantes de ciclos e ensinanzas de grao superior e outra (B) dirixida aos de ciclos e ensinanzas de grao medio, e con tres premios en cada unha delas. A dotación económica dos galardóns é de 3.000 euros para os primeiros premios, 2.000 para os segundos e 1.000 para os terceiros.

 Materémosvos informados da próxima convocatoria do Concurso para que poidades seguir os pasos das vosas compañeiras, Jésica e Verónica!!

Dúas alumnas do CIFP Manuel Antonio gañan o concurso IDEA

 Verónica Martínez  e Jésica Rodríguez obtiveron o primeiro premio do Concurso Idea 2016, co proxecto empresarial "Quality Pastry" que presentaron como alumnas do Ciclo Medio de Panadaría, Repostería e Confitaría. 

 

O premio consiste nunha aportación económica de 3000 € e na posibilidade de incorporarse a un viveiro de empresas, como o que temos no CIFP Manuel Antonio.

 Parabéns!!!!!!

 Animámosvos a presentar o voso proxecto de empresa que ides elaborar no módulo de empresa e iniciativa emprendedora, á próxima convocatoria do Concurso e ser os próximos gañadores! Manterémosvos informados.