try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CIFP A Granxa

FP Avanza

FP Avanza

Ten como obxectivos:

  • Detectar alumnado con inquedanzas emprendedoras e/ou interese en materializar un posible proxecto de empresa innovador para levar a cabo a súa posta en marcha con garantías de éxito.
  • Xustificar o proceso para pasar dunha idea á posta en marcha dunha empresa.
  • Comprobar se é posible a implementación do devandito proceso.
  • Comprobar que para poñer en funcionamento o proxecto empresarial é necesario atopar o financiamento que se axuste as necesidades do mesmo.
  • Coñecer a experiencia de emprendedores/as que afrontaron o seu proxecto.
  • Poñer en contacto aos futuros emprendedores/as coas iniciativas empresariais que xa están a funcionar, para que intercambien inquedanzas e experiencias.
  • Coñecer os recursos que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ten a disposición do alumnado da FP.
  • Coñecer o potencial que ofrecen os viveiros de empresas dos centros educativos para poñer en funcionamento unha empresa.
  • Ver in situ a organización dunha empresa.

 

DESTINATARIOS:

  • Alumnos segundo curso de ciclos formativos de formación profesional.
  • Que finalizaron os seus estudios de FP nos derradeiros 4 anos.

 

Distribuir contido