Ref.: Inspectores de Servicio

 

Empresa de consultaría orientada a facilitar a valoración e a supervisión das operacións de contratas que prestan servizos públicos oferta:

 

DOUS POSTOS DE INSPECTORES DE SERVIZO

Perfil dos candidatos/as:

- Estar en posesión dun título oficial de FP Medio ou Superior (Técnico en Xardinería e Florería / Técnico Superior en Paisaxismo e Medio Rural).

- Valorable experiencia no desenvolvemento de proxectos de xardinería e deseños artísticos de traballos de florería.


Funcións:

- Inspección de elementos ornamentais vexetais e non vexetais comprobando que os mesmos se atopan en perfecto estado de conservación, tomando como referencia o aspecto dos elementos na data da inauguración.

- Documentación das incidencias no servizo.

- Notificación das incidencias á empresa adxudicataria.

- Verificación posterior da resolución da incidencia.

- No caso de non ser resolta elevar e notificar as correspondentes non conformidades.

- Elaboración de informes.

 

Requisitos: Residencia en Vigo ou área metropolitana.

 

Contrato: Contrato Eventual con xornada de 21 horas semanais e horario partido. A duración do contrato será do 23 de novembro de 2017 ao 7 de xaneiro de 2018.

 

Contacto: interesados/as, enviar C.V.a: orientacion.cifp.granxa@edu.xunta.es

indicando en Asunto: Ref: Inspectores de Servicio