PROBAS LIBRES TÍTULOS FP

Convócanse probas libres para a obtención de Títulos de Formación Profesional en especialidades que desaparecen coa implantación dos novos Títulos LOE. No noso Centro extínguese o Título de Técnico en Explotacións Agrícolas Intensivas polo que aqueles alumnos interesados en rematar este ciclo se non o fixeron xa, poden matricularse no noso centro do 11 ao 21 de xullo de 2011 para a convocatoria de setembro e do 10 ao 21 de maio de 2012 para a convocatoria de xuño do ano que ven. Máis información na secretaría do e na Orde da convocatoria.

AdxuntoTamaño
Orde probas libres.pdf704.83 KB