Proyecto PROMECE

 

«Volver a Inicio

 

Proxecto PROMECE:

"IMPLEMENTACIÓN DUNHA REDE DE RECURSOS DOCENTES EN FAMILIAS PROFESIONAIS MINORITARIAS: A FAMILIA PROFESIONAL AGRARIA" subvencionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, adxudicado a dous centros de referencia de docencia agraria, como son

 

o IES Luces de Colunga (Asturias)

 

e o CIFP A Granxa de Ponteareas (Pontevedra).


RESUMO DO PROXECTO

Con este proxecto trátase de crear unha plataforma de colaboración entre dous centros que imparten docencia en formación profesional da familia agraria na España Verde (Galicia e Asturias), para paliar o déficit de recursos dispoñibles e materiais a disposición dos docentes.

Por un lado, os dous centros, de referencia na rama agraria en cada unha das súas comunidades, teñen climas, procesos produtivos e problemas similares. Por outro, teñen ámbitos diferentes e encontraron distintas solucións para abordar a docencia.

Os participantes organizarán a posta en común de distintos recursos que mellorarán tanto a docencia coma a avaliación mediante un proxecto de carácter interdisciplinar e colaborador. Con esta iniciativa, ademais, potenciaríase o coñecemento doutras realidades próximas, o intercambio de experiencias prácticas e outras ferramentas de traballo entre centros.

 

«Volver a Inicio