try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

FPDual

 

 

 

 

 

 

A Formación Profesional Dual é unha nova modalidade dentro da formación profesional.

Os proxectos de FPDual no sistema educativo combinan os procesos de ensinanza e aprendizaxe na empresa e no centro de formación e se caracterizan por realizarse en réxime de alternancia entre ambos os dous, cun número de horas ou días de estancia de duración variable entre o centro de traballo e o centro de ensino.

Os requisitos que hai que cumprir para solicitar unha praza son:

  • Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo. 

  • Cumprir os requisitos de acceso ao ciclo formativo.

  • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Para maior información pódense consultar:

Na actualidade no CIFP A Granxa hai os seguintes programas de FP Dual:

      Familia

Ciclo Medio de Produción agroecolóxica.

                                  Modalidade FP Dual 2º curso. (Para maior información sobre esta modalidade consultar a Guía básica da FP Dual). 

Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría.

                                  Modalidade FP Dual Ciclo completo. (Para maior información sobre esta modalidade consultar a Guía básica da FP Dual). 

Ciclo Superior de Xestión forestal e do medio natural

 

                                  Modalidade FP Dual Ciclo completo. (Para maior información sobre esta modalidade consultar a Guía básica da FP Dual). 

Ciclo Medio de Aceites e viños.

                                  Modalidade FP Dual Ciclo completo. (Para maior información sobre esta modalidade consultar a Guía básica da FP Dual). 

Ciclo Superior de Educación e control ambiental.

                                  Modalidade FP Dual 2º curso.(Para maior información sobre esta modalidade consultar a Guía básica da FP Dual). 

 

contacto:

fpdual.cifp.granxa@edu.xunta.gal

 

 

AdxuntoTamaño
guia_basica_fp_dual_portalfp.pdf7.63 MB