Admisión ciclos 2019/20
Toda a información en www.edu.xunta.es/fp/
Admisión a ciclos formativos de formación profesional curso 2019-2020
Instrucións xerais do proceso de admisión
- Matriculación 2ª adxudicación ordinaria: 26 ao 31 de xullo ás 13:00 horas
- Prazas vacantes dos ciclos formativos
Publicación en: www.edu.xunta.es/fp/
31/07/19: fin do período ordinario de Admisión
Para estar ao tanto do período extraordinario:
Publicación en: www.edu.xunta.es/fp/
Consulta aquí o calendario de admisión
Matriculación 1ª adxudicación: 16 ao 23 de xullo ás 13:00 horas
Listaxes definitivas de solicitantes
Información matrícula 1ª adxudicación ordinaria!!!!! Consultar según réxime de estudo
Admisión. Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes
2ª adxudicación: 26 de xullo
Matriculación 2ª adxudicación: 26 ao 31 de xullo ás 13:00 horas
Histórico de publicacións:
5 de xullo 2019: Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2019 PRAZO DE RECLAMACIÓN: desde o venres 5 de xullo ata as 13:00 horas do martes 9 de xullo de 2019.
A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.
Tfno. do noso Centro: 886 120 880
PRAZO DE SOLICITUDES PECHADO!!!!
Presentación de solicitudes: 24 de xuño ao 2 de xullo ás 13:00 horas
Contamos cun novo Ciclo: CS Educación e Control Ambiental tamén en réxime ordinario!!!!! Consulta a nosa Oferta educativa
Información xeral sobre o proceso de admisión / matrícula 2019/20:
As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente
Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.
Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.
Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:
- A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
- Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web. Na ligazón indicada podes consultar as instrucións para realizar a solicitude.
Para consultar requisitos de acceso:
Admisión grao medio - requisitos de acceso
Admisión grao superior - requisitos de acceso
- No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos. IMPORTANTE: consultar aquí se hai que presentar documentación
- No seu momento, consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
- No caso de ter adxudicación do solicitado, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).
Se tes algunha dúbida sobre as características dos réximes, consulta: Información admisión
Poderás seguir a publicación de listaxes nesta mesma WEB e/ou en FPXunta
Fonte: http://www.edu.xunta.es/fp/
Documentación específica: pasar a 2º no réxime ordinario ou matrícula en prazas liberadas
- Anexo I. (Empregar só para admisión ao segundo curso do réxime ordinario ou para o caso de solicitude de matrícula en prazas liberadas.)
Documentación específica: matrícula FCT e/ou proxecto integrado réxime persoas adultas ou matrícula en prazas liberadas
- Anexo II. (Empregar só para a matrícula de FCT e/ou proxecto integrado polo réxime para as persoas adultas ou para o caso de solicitude de matrícula en módulos con prazas liberadas.
A/A de solicitantes dos réximes modulares (tanto presencial como semipresencial a distancia):
A matrícula na oferta parcial non poderá superar a carga lectiva anual de 1.000 horas.
HORARIO XFMN MODULAR 19.20.pdf |
|
HORARIO VITI Modular-2019_20.pdf |
|
CS EDUCACIÓN E CONTROL AMBIENTAL 19-20.pdf
As persoas interesadas en cursar as ensinanzas de formación profesional, de xeito parcial, en calquera modalidade do réxime para as persoas adultas deben consultar a información sobre os itinerarios formativos recomendados.
Información importante para as persoas que participen pola quenda de persoas con discapacidade!!
Consultar normativa xeral da FP en: