200 bolsas de práctica laboral Deputación de Pontevedra - 2018
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
Convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral na deputación e concellos da provincia de Pontevedra para titulados universitarios e de ciclos superiores de Formación Profesional.
Prazo presentación solicitudes do 17 de abril ata o 7 de maio de 2018
Condicións das persoas aspirantes Bases (BOPPO 16/04/2018)
Formulario de solicitude Preguntas frecuentes (pdf)
Fonte: Deputación de Pontevedra
A finalidade destas bolsas é que as persoas tituladas adquiran a práctica profesional que proporcione valor engadido á formación académica.
- Desenvolveranse en distintos servizos da Deputación de Pontevedra e concellos da provincia de Pontevedra
- A duración é de 6 meses coa posibilidade de prórroga por 6 meses máis.
- A axuda é de 740 €/mes para os ciclos de formación profesional e de 840 €/mes para as titulacións universitarias
- Prazo presentación solicitudes do 17 de abril ata o 7 de maio de 2018
- Titulacións que se convocan para a formación profesional:
o Ciclo Superior en sistemas de telecomunicacións e informáticos
o Ciclo Superior en educación infantil
o Ciclo Superior en administración e finanzas
o Ciclo Superior en animación de actividades físicas e deportivas
o Ciclo Superior en educación e control ambiental
o Ciclo Superior en asistencia á dirección
o Ciclo Superior en administración de sistemas informáticos en rede
o Ciclo Superior en animación sociocultural e turística
o Ciclo Superior en xestión forestal e do medio natural/xestión e organización dos recursos naturais e paisaxíticos
o Ciclo Superior en paixasismo e medio rural
o Ciclo Superior en guía, información e asistencias turísticas/información e comercialización turísticas
o Ciclo Superior en produción de audiovisuais e espectáculos/produción de audiovisuais, radio e espectáculos
o Ciclo Superior en integración social
o Ciclo Superior en construccións metálicas
o Ciclo Superior en análise e control/ laboratorio de análise e control de calidade
o Ciclo Superior en saúde ambiental
o Ciclo Superior en en imaxe/iluminación, captación e tratamento da imaxe
o Ciclo Superior en deseño e xestión da produción gráfica/produción en industrias de artes gráficas
o Ciclo Superior en deseño e edición de publicación impresas e multimedia/deseño e produción editorial