EDLG

 ««Volver a Inicio

 

 Ligazóns de interese

 

 

 

Equipo de Dinamización da Lingua
Galega CIFP A Granxa

 

Rosalía de Castro

"Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte"

Castelao

 

 

Curso 2018/19

 

17 de Maio, Día das Letras Galegas

 

Luns 13 de Maio

10.30h. Charla-coloquio (Salón de Audiovisuais e Biblioteca):

María Eiras, autora do libro

"As nosas letras de Muller a Muller"

Vídeo As nosas letras de muller a muller

11.45h. Breve homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas

Grazas pola vosa participación!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Letras Galegas 2019: Antonio Fraguas Fraguas

 

Eu traballei sempAntonio Fraguas Fraguas - Fonte: https://academia.gal/letras-actualre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio. A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron ó longo dos anos, traballan agora e seguirán traballando arreo no futuro, sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra.
(Antonio Fraguas Fraguas)

 

Fonte e máis información: https://academia.gal/letras-actual

 

 

 

 

 

A Radio Galega emitirá no Día das Letras os traballos dos centros gañadores do Concurso de Podcasts elaborados na biblioteca escolar

Difusión do patrimonio

O certame, organizado en colaboración coa Radio Galega, ten como obxectivo estimular o coñecemento e difusión do patrimonio cultural galego. Por iso, e dado que o Día das Letras Galegas deste ano homenaxea a Antón Fraguas, estudoso da cultura galega, a temática dos podcast debía ser o patrimonio material ou inmaterial de Galicia, buscando un vínculo coa contorna de cada centro educativo participante.

Así mesmo, preténdese afondar no traballo que desde as bibliotecas escolares se está a facer arredor da radio. Trátase de converter estes espazos en laboratorios creativos de aprendizaxe, xa que son unha ferramenta de gran potencial pedagóxico no reforzo das prácticas comunicativas do alumnado e da súa motivación para participar en proxectos colaborativos nos que se traballan distintas habilidades e competencias.

 

 

 

 


 

Creación de Banda deseñada cómica 2019

 

Dirixido a tod@s!!!!!       Alumnado e persoal!!!!

En lingua galega, só unha páxina (folio A4)... e cun pouco de humor, con retranca... ;)

E o tema??? A folga xuvenil polo planeta (#FridaysForFuture),

pola defensa da sostibilidade!!

 

Entrega durante todo o mes de maio ás profesoras Patricia, Emma ou Amalia

nos Departamentos.

Organiza: EDLG CIFP A Granxa

 

Contamos contigo!!

 

 

 

 


 

 

11/03/19

Resolución da convocatoria do concurso para elaborar unha exposición sobre a o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019, Antón Fraguas Fraguas

 

 
 

 

 


 

24 de febreiro, día de Rosalía de Castro

Vídeo: Día de Rosalía. CEIP Plurilingüe Bragade

Rosalia: biografía, obras, imaxes (Fundación Rosalía de Castro)

 


 

 

«Entroido na Granxa!!!!»
 Xoves 28 de febreiro de 2019

 
Actividades e concurso de disfraces (consulta nas imaxes a continuación)
 
Contamos convosco!
 
 
 
 
 

 
 
Charla - coloquio co escritor Santiago Lopo autor do libro
 
 

 Gracias a tod@s pola vosa colaboración!!!!

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Charla aberta a todo o alumnado e persoal do centro co tema: Laurisilva, a foresta encantada das Azores
 
Charla impartida por Afonso Salvador Rodríguez González
 
Luns 17/12/18 de 18.30h - 20.00h no salón de audiovisuais
 
 Organizan: EDLG  / Coordinación ERASMUS+
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Samaín e Magosto no CIFP A Granxa
 
 
 
 
Martes 30 de outubro de 2018
 
MAÑÁ:
13.00.Exhibición e concurso cabazas (ver bases do concurso a continuación)
14.00.Castañada.
 
TARDE:
18.30.Charla: “A problemática da
V.velutina n. na nosa zona”.
19.30.Castañada.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
CONCURSO CABAZAS 2018
 
 
PARTICIPACIÓN:
Aberta a todo o alumnado e persoal do CIFP. Individual ou por equipos.
OBXECTIVOS:
Preservar as tradicións culturais, dinamizar e fomentar a interacción social, creatividade e imaxinación.
ENTREGA:
Luns 29 de outubro ás 11:30. No salón do CIFP. Realizarase exposición numerada.
VALORACIÓN:
Orixinalidade, esforzo e resultado final.
VOTACIÓN:
Colectiva. Martes 30 de outubro ás 13:00. No salón do CIFP.
PREMIOS:
Interesantes agasallos para as dúas composicións máis votadas.
 
 
Contamos convosco!!!
EDLG
 
 
 
 
 
30/10/18
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Histórico:
 
 
Curso 2017/18
 
 

 

Novas de interese:
 
 
 
A inscrición deberá formalizarse no web do Certame Internacional de Cine de Ourense antes do 2 de xullo de 2018.
 
 
 
 
 

O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’ homenaxea a María Victoria Moreno

 

 

 ««Volver a Inicio