Responder ó comentario

MATRICULA CICLOS 2ª ADXUDICACIÓN

23/07/2013 00:00
23/07/2013 23:00
Etc/GMT+2

23 ao 26 de xullo ás 13:00 horas

Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada, na 2ª adxudicación ordinaria, así como as listaxes de espera aos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.

 

Réxime ordinario

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 23 de xullo ata as 13:00 horas do venres 26 de xullo de 2013. A matrícula deberáse realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional

  • Listaxes de persoas admitidas

- Listaxe de persoas admitidas nos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de persoas admitidas nos ciclos formativos de grao superior

 

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

As persoas que fixeron a súa solicitude de acceso a ciclos formativos de réxime ordinario de grao superior ou de grao medio vía web, e que teñen adxudicada unha praza á que desexan renunciar para permanecer en listaxe de espera das súas opcións de maior preferencia, poden renunciar a esta adxudicación vía web desde a seguinte ligazón.

- Acceso a renuncia á praza adxudicada

 
Réxime para as persoas adultas

O prazo de matricula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 23 de xullo ata as 13:00 horas do venres 26 de xullo de 2013. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

- Listaxe nos módulos de grao medio
- Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

- Listaxe nos módulos de grao medio
- Listaxe nos módulos de grao superior


Responder