blogue deMonicaN

CS de Xestión Forestal e do Medio Natural e/ou CS de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos

 

14/05/18

 

Estimado alumnado/exalumnado:

O Concello de Nigrán informa:
da futura contratación durante 9 meses de dous técnicos medioambientais a xornada completa para as titulacións de Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural e/ou Ciclo Superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos, prioritariamente.

O proceso de selección virá determinado por uns prazos e requisitos prefixados; por exemplo, é importante lembrar que as persoas candidatas sairán, de xeito obrigatorio, da lista remitida pola Oficina do Servizo Público de Emprego que, no noso caso, ten a súa sede no Concello de Baiona.

No caso de que non esteas apuntado na Oficina de Emprego de Nigrán, podes acudir a túa Oficina de Emprego e preguntar polo Programa "Aprol Rural" da Xunta de Galicia.

Atte.,
Concello de Nigrán

 

 

 

Bodeguero/a para Bodega de la zona de Verín

 

14/05/18

 

Ader selecciona Bodeguero/a para Bodega de la zona de Verín.

Funciones:

- Trabajos de elaboración en bodega (filtración, trasiego, limpieza, adiciones, etc.) y embotellado (montaje de línea, cambios de formato, etiquetado, encajonado, etc.)
- Recepción de materiales: descarga del camión, verificación de pedidos, control de calidad del material recibido.
- Vendimias.
- Mantenimiento de la maquinaria.
- Inventarios.
- Labores administrativas.

Requisitos mínimos:
- Titulación Enología, Viticultura o similar.
- 1-2 años de experiencia en puestos similares.
- Paquete Office: nivel usuario.
- Carnet de conducir y vehículo propio.

Requisitos deseados:
- Carnet Manipulador Alimentos.
- Carnet de Carretilla.
- Conocimientos de mecánica.

TIPO DE CONTRATO
Puesto estable.
Se ofrece contrato a través de Ader ETT con posibilidad de pasar a empresa.
HORARIO Jornada completa de lunes a viernes.
LOCALIDAD Verín

 

 

Enviar CV a: seleccion.ourense@ader.net

 

Indicando en Asunto: Bodeguero/a para Bodega de la zona de Verín.

 

 

TÉCNICO DE BRIGADA HELITRANSPORTADA: Ing. de Montes, Ingen. Técnico Forestal o Graduado en Ingen. Forestal. /PEÓN

 

14/05/18

 

Oferta de emprego realizada pola empresa CONSULTORÍA NATUTECNIA SLU

Proceso de solicitude (habilitado a partir do mércores 16/05/18) na súa páxina WEB:
www.natutecnia.com

 

Selección de personal para las siguientes categorías:

TÉCNICO DE BRIGADA HELITRANSPORTADA: Ingeniero de Montes, Ingeniero Técnico Forestal o Graduado en Ingeniería Forestal.

PEÓN DE BRIGADA HELITRANSPORTADA.


Duración del contrato: Temporal. Campaña de incendios 2018 (3-4 meses-julio/octubre).

Desempeño del puesto de trabajo: CCAA de Galicia.

Instrucciones de inscripción:

Descargar formulario (en formato excel o PDF)

TÉCNICO
PEÓN

Leer instrucciones de cumplimentación (incluidas en el formulario)

Rellenar formulario (en caso de duda consultar “Ejemplo CV”)

Adjuntar formulario

 

Plazo de inscripción: abierto desde el viernes 18 de mayo hasta las 23:59 h. del jueves 31 de mayo de 2018.

 

 

Consultoría Natutecnia
C/ Secundino López, 3 - PB Puerta 5
15702 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono » 981 534 569
Fax » 981 530 055
 
 
 
 

 

 

Xornada de Portas Abertas 2018

 

«Volver a inicio

 Curso 2017/18

O martes 15 de Maio celebramos a nosa Xornada de Portas Abertas; gracias a todos/as os que nos visitastes e ao noso profesorado e alumnado polo voso traballo!

 

Podes consultar a nosa oferta educativa e outra información de interese en Oferta educativa

 

Un saúdo, CIFP A Granxa

 

 

 

 

Destinatarios: centros educativos, exalumnado e todas aquelas persoas ou colectivos interesados
na nosa oferta educativa.

Actividade principal: percorrido polas instalacións do centro con demostracións prácticas
das actividades propias de cada ciclo, realizadas polo noso alumnado.

 

 

 

 

 

 

 

Aplicación produtos

 

 

07/05/18

 

Familias Agraria e/ou Alimentaria

 

Empresa Nacional/Internacional do sector da Investigación Agroalimentaria con sede en Ponteareas

necesita para INCORPORACIÓN INMEDIATA:

persoa traballadora para aplicación de produtos de ensaio.

 

Requisitos:

carné de fitosanitarios

carné B1

 

Enviar CV a: orientacion.cifp.granxa@edu.xunta.es

Indicando en Asunto: aplicación produtos

 

 

Xardinaría Redondela

 

03/05/18

 

EMPRESA DE XARDINARÍA NECESITA:

Persoa seria e traballadora; xardineiro/a ou peón de xardinaría, con experiencia no sector, para temporada primaveira-verán.

Zona de Redondela e comarca

 

Enviar CV a: orientacion.cifp.granxa@edu.xunta.es

Indicando en Asunto: Xardinaría Redondela

 

 

Adega Zona do Ribeiro

 

03/05/18

 

Adega da Zona do Ribeiro
Precisa persoal para labores de poda, labores de sulfato de viñedo,embotellado,...

Requisito importante: carné de fitosanitarios
Se ben non é requisito indispensable, valorarase experiencia no sector

Enviar CV a orientacion.cifp.granxa@edu.xunta.es
indicando en Asunto: Adega zona Ribeiro

 

Bases Bolsas Deputación 2018

 

Segunda. Condicións das persoas aspirantes

Poderán beneficiarse destas bolsas as persoas físicas que, con plena capacidade de obrar e sen estaren inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

1.—Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países membros da Unión Europea

2.—Estar en posesión da titulación académica esixida no anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias

3.—Estar en posesión da titulación académica correspondente aos estudos obxecto da bolsa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009

4.—Non ter ningunha enfermidade nin incapacidade física que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa

5.—Non beneficiarse na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorra desde a data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) ata o día da adxudicación das bolsas

6.—Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa de duración superior a seis meses dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos centros ou servizos nin nos concellos ou empresas da provincia

7.—Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración superior a seis meses na institución provincial nin nos organismos autónomos

8.—Non renunciar con anterioridade de forma inxustificada a bolsas dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos centros ou servizos nin nos concellos ou empresas da provincia

9.—Constar no padrón de calquera termo municipal da provincia de Pontevedra desde antes do 1 de xaneiro do ano 2017 ou acreditar unha antigüidade no padrón dun mínimo de cinco anos

10.—Constar no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego

11.—Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecemento, entendendo por isto non ter anteriormente un contrato polos grupos de cotización correspondentes aos niveis formativos da titulación esixida nin estar dado de alta como autónomo por un período de tempo superior a seis meses en actividades relacionadas co obxecto da bolsa

12.—Acreditar o nivel Celga IV para as bolsas de titulacións universitarias e o Celga III para as bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional

13.—Ter a disposición de asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino

14.—Non incorrer en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS)

 

 

Fonte: Bases (BOPPO 16/04/2018)

 

 

 

 

200 bolsas de práctica laboral Deputación de Pontevedra - 2018

 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

 

 Convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral na deputación e concellos da provincia de Pontevedra para titulados universitarios e de ciclos superiores de Formación Profesional.

Prazo presentación solicitudes do 17 de abril ata o 7 de maio de 2018

Condicións das persoas aspirantes     Bases (BOPPO 16/04/2018)

Formulario de solicitude      Preguntas frecuentes (pdf)

 Fonte: Deputación de Pontevedra

 

 

A finalidade destas bolsas é que as persoas tituladas adquiran a práctica profesional que proporcione valor engadido á formación académica.

  • Desenvolveranse en distintos servizos da Deputación de Pontevedra e concellos da provincia de Pontevedra
  • A duración é de 6 meses coa posibilidade de prórroga por 6 meses máis.
  • A axuda é de 740 €/mes para os ciclos de formación profesional e de 840 €/mes para as titulacións universitarias
  • Prazo presentación solicitudes do 17 de abril ata o 7 de maio de 2018
  • Titulacións que se convocan para a formación profesional:

o   Ciclo Superior en sistemas de telecomunicacións e informáticos

 

o   Ciclo Superior en educación infantil

 

o   Ciclo Superior en administración e finanzas 

 

o   Ciclo Superior en animación de actividades físicas e deportivas

 

o   Ciclo Superior en educación e control ambiental

 

o   Ciclo Superior en asistencia á dirección 

 

o   Ciclo Superior en administración de sistemas informáticos en rede 

 

o   Ciclo Superior en animación sociocultural e turística 

 

o   Ciclo Superior en xestión forestal e do medio natural/xestión e organización dos recursos naturais e paisaxíticos

 

o   Ciclo Superior en paixasismo e medio rural

 

o   Ciclo Superior en guía, información e asistencias turísticas/información e comercialización turísticas

 

o   Ciclo Superior en produción de audiovisuais e espectáculos/produción de audiovisuais, radio e espectáculos

 

o   Ciclo Superior en integración social

 

o   Ciclo Superior en construccións metálicas

 

o   Ciclo Superior en análise e control/ laboratorio de análise e control de calidade

 

o   Ciclo Superior en saúde ambiental

 

o   Ciclo Superior en en imaxe/iluminación, captación e tratamento da imaxe

 

o   Ciclo Superior en deseño e xestión da produción gráfica/produción en industrias de artes gráficas

 

o   Ciclo Superior en deseño e edición de publicación impresas e multimedia/deseño e produción editorial

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido