VISITA DE ESTUDANTES ERASMUS ALEMÁNS

 

Do 3 ao 11 de novembro e dentro do programa Coastline de Erasmus+, o CIFP Ferrolterra recibiu a visita de David, Lukas, Sebastian e Matz, un grupo de alumnos do instituto TBZ-Mitte de Bremen (Alemaña), xunto co seu profesor Michael Graf-Jahnke.

Estes alumnos están a cursar no seu país unha FP Dual coas empresas Kuka e Minimax, e no noso centro asistiron a clases relacionadas coa súa actividade nas mesmas: robótica, CNC e autómatas programables. Tamén visitaron a empresa INTAF.

 Graciñas pola vosa visita!