REUNIÓNS INFORMATIVAS SOBRE OS PROGRAMAS ERASMUS

 

O vindeiro mércores 23 de novembro terán lugar no salón de actos do centro as reunións informativas para a aclaración das dúbidas que poidades ter sobre os programas Erasmus. Poderán asistir tanto os/as alumnos/as xa inscritos como aqueles/as que queiran ter máis información sobre os mesmos. 

Serán no segundo recreo de cada ciclo, cos seguintes horarios:

  • Ciclos da familia de "Electricidade e electrónica": de 12:00 a 12:15
  • Ciclos das familias de "Transporte e mantemento de vehículos" e de "Madeira, moble e cortiza": de 12:25 a 12:40
  • Ciclos das familias de "Fabricación mecánica", "Enerxía e auga" e "Instalación e mantemento": de 12:45 a 13:00

 Recordade que a data límite de inscrición nos Erasmus é o día 9 de decembro.