PROBAS DE NIVEL PARA A PARTICIPACIÓN NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN

 

Convócase ao alumnado de 2º curso e 2º ano de modular de calquera ciclo, que se inscribiran para as probas de certificación no mes de setembro, a unha proba de nivel para a valoración por parte de Priya do nivel no que se deberían matricular nas probas de certificación.

A proba consistirá nunha entrevista con Priya, e terá lugar nas seguintes datas e lugares:

Turno de tarde:

  • Luns, 7 de novembro, de 16:00 a 18:00 e de 18:15 a 20:15 (aula I-7).
  • Mércores, 9 de novembro, de 17:00 a 18:00 e de 18:15 a 20:15 (aula I-7).

Turno de mañá:

  • Martes, 8 de novembro, de 10:45 a 11:45 (aula I-7).
  • Xoves, 10 de novembro, de 10:45 a 11:45 (aula I-5).

Unha vez realizadas as probas, publicarase un listado co alumnado seleccionado e os niveis correspondentes nos que se aconsella que realicen a matrícula. O nivel resultante da entrevista non será vinculante, só orientativo, e o/a alumno/a poderá matricularse no nivel que desexe. No caso de que co alumnado de segundo non se cubran as prazas ofertadas pola Xunta, farase unha convocatoria para o dos primeiros cursos.

A semana do 7 de novembro, con motivo da celebración das entrevistas, non haberá clases de inglés con Priya.

 

A ASISTENCIA Á ENTREVISTA É OBRIGATORIA PARA CONSTATAR O INTERESE DO/A ALUMNO/A EN ASISTIR Á PROBA, DADO O ELEVADO NÚMERO DE SOLICITUDES.

AQUELES ALUMNOS/AS QUE NON SE PRESENTEN ÁS PROBAS DE NIVEL QUEDARÁN EXCLUÍDOS/AS DA MATRÍCULA NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN.