Acreditación lingüística do alumnado en Lingua Estranxeira

 

O centro CIFP Ferroltera vai solicitar a participación neste programa cuxo obxectivo principal é a acreditación das competencias en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL).

O alumnado interesado deberá entregar na secretaría do centro antes do 15 de setembro o compromiso de participación cuberto e asinado. Non se recolleran solicitudes por correo electrónico.

Pódese descargar o compromiso no seguinte link: Compromiso de participación

O texto completo da convocatoria: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos.pdf