Concurso de Ideas emprendedoras "A túa idea nun minuto"

 

I Concurso de Ideas emprendedoras: "A túa idea nun minuto"

Se tes/tedes unha idea de negocio,  o CIFP Ferrolterra convoca o I Concurso de ideas emprendedoras co obxectivo de fomentar o emprendemento e impulsar a innovación e a creatividade entre o alumnado.

Dirixido a  todo o alumnado do centro (matriculados no curso académico 20/21) de 1º e 2º curso de FPB, ordinario, modular e dual.

Podedes participar individualmente ou en equipos.

O prazo de presentación de ideas é dende o 15 de marzo ata o 30 de abril.

Para  incribirse no Concurso:

- enche o formulario que aparece no enlace: https://forms.gle/69weob7WmDqMzQtX7

 

 - ou a través do Qr que aparece no cartel do concurso que encontraredes polo centro. 

Se precisas asesoramento ou seguimento da túa idea a Coordinación de emprendemento e o Departamento de FOL están ao teu dispor para que a poidas presentar. 

TERÁS  1 minuto de tempo para facer a presentación da túa idea a través dun VIDEO  que teredes que enviar ao seguinte correoviveiroe.cifpferrolterra@gmail.com

Recorda que a presentación é o que vai ver o xurado, realiza unha boa presentación!!!!.

O XURADO estará composto pola Dirección, profesorado e  alumnado das familias profesionais do CIFP Ferrolterra.

E o momento de que deas a coñecer a túa idea. Ademáis, a túa idea pode ter premio $$$. As mellores ideas terán premio en metálico. Ademáis os gañadores farán unha  visita guiada a empresas do sector,  para que coñezades aos emprendedores da comarca de Ferrolterra do voso sector de actividade.

-  1º Premio: 250€

-  2º Premios: 150€

-  3º Premio: 4 PREMIOS DE 50€ 

A valoración das ideas se realizará tendo en conta os seguintes criterios, valorados de 1 a 4 puntos:

- Presentación da idea

- A idea satisface unha necesidade no mercado?

- A idea pode levarse á práctica (viable)?

- A idea é orixinal, innovadora e diferente?

Esperamos os vosos VIDEOS!!!!! Animádevos a dar a coñecer as vosas ideas!!!! $$$$$$$$$$$$