Videoconferencia "Emprendendo na rede"

 

Videoconferencia "Emprendendo na rede"

 

O mércores día 24 de fereiro, de 10:00 a 12:00 hs terá lugar a Videoconferencia "Emprendendo na rede" para todo o alumnado de 2º curso de ciclos formativos.

O ponente será Alex López López,empresario e experto en Social Selling e top 10 mundial influencer social selling. A ponencia versará sobre o emprendemento e a contorna dixital.

O programa desta videoconferencia recolle a seguinte temática:

- Posibilidades do mundo dixital para o emprendemento: redes nas que hai que estar para acadar os obxectivos da empresa.

- Conduta do cliente dixital: coñecer o proceso de compra e diferenzas entre o mercado B2B e o mercado B2C.

- Cómo mellorar a marca e o posicionamento na rede.

- Ferramentas para mellorar na rede.

- A importancia de ofrecer contidos de valor nas redes.

- Como preparar e presentar un proxecto.

- Exercicio práctico.

Dende a Coordinación de emprendemento esperamos que sexa unha actividade de aproveitamento tanto para o noso alumnado como do profesorado. Esperamos a vosa participación nesta actividade de emprendemento que explica cómo utilizar as redes sociais para favorecer a comunicación na rede a través de plataformas e ferramentas idóneas da contorna dixital actual.