Programa Explorer 2021

 

 

Queres emprender e validar a túa idea de negocio?  

PROGRAMA EXPLORER 2021

Se tes entre 18 e 31 anos e ganas de xerar un impacto positivo no mundo, inscríbete en Explorerbyx.org antes do 11 de decembro. 

O programa Explorer “Mozos con solucións” axúdache a experimentar o emprendemento como opción profesional. Traballarás sobre a túa idea transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030, cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social. 

• Lugar: UDC A Coruña Space e UDC Ferrol Space 

• Duración: 12 semanas (do 25 de xaneiro ao 25 de abril de 2021) 

• Prezo: gratis 

• Participación: só/a ou en equipo (máximo de 5 participantes) 

• Metodoloxía: sesións presenciais ou virtuais e espazo en liña de traballo social e colaborativo. 

• Titorización: cada proxecto será guiado e acompañado por un coordinador/a e un xcout (mentor/a). 

• Beneficios:  

               - Certificado de participación. 

               - Explorer Trip: viaxe dunha semana a un hub de innovación europeo para o mellor proxecto de cada  sede. 

               - Comunidade: acceso a unha comunidade global de mozos innovadores coa incorporación de Explorer Spaces

                americanos e europeos. 

Participa e apúntate co teu proxecto. Prazas limitadas 

Máis información

<https://pro-santanderx-images-s3.s3.eu-west-1.amazonaws.com/uploaded/efae61a0-88d1-49f4-9f30-f80668fe2bb7>

Emprego UDC  emprego.vepem@udc.es