Puntuación Olimpiada Cultural 2020

 

Xúntase a puntuación provisional desta edición da nosa Olimpiada Cultural. Para maior transparencia xúntanse dúas puntuacións: unha previa á substitucións dos comodíns e outra coa puntuación total na que os comodíns foron empregados para recuperar puntos perdidos. Seguíronse os seguintes criterios, de acordo coas bases do concurso:

Os comodíns serven para:

  • Recuperar puntos perdidos en preguntas do día e preguntóns (1 comodín = 1 punto perdido)
  • Restituír puntos perdidos na aposta nos casos en que se fallara a resposta; se non se contestou, non se aplica o comodín
  • Poder volver a contestar no pista a pista. En tal caso, se descontan tantos comodíns como puntos había en xogo o día que se errou
  • Recuperar un punto no pista a pista no caso de fallar a pista do venres, ou non contestar ningún día (1 comodín = 1 punto)

Unha vez máis, expresamos a nosa satisfacción polo desenvolvemento do concurso nun clima de deportividade, cordialidade e interese de tódolos participantes

En espera de posibles correccións, a vindeira semana publicaremos a clasificación definitiva e convocaremos a cerimonia de clausura e entrega de premios para os gañadores e diplomas olímpicos para todos os equipos que participastes ata o final da competición


 

 

AdxuntoTamaño
Puntuación sen comodins.xls178.5 KB
Puntuación con comodins.xls183.5 KB