XI Encontros de xogos tradicionais

 

voluntariado

 

Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil do noso centro , conxuntamente co alumnado do CIFP Anxel Casal da Coruña colaboraron na organización e desenvolvemento da Undécima edición de  ENCONTROS DE XOGOS TRADICIONAIS  celebrado o sábado 27 de maio 2017 nas instalacións do CPI do Feal. organizada por BRINQUEDIA REDE GALEGA DE XOGOS TRADICIONAIS

Tanto o alumnado como os nenos e nenas  vidos de diferentes colexios de Galicia compartiron carreiras , saltos, habilidades que fixeron dos xogos tradicionais  non só un motivo de diversión senón tamén de relación, disfrutando ó maximo dunha xornada entrañable para todos os participantes