Novas da Consellería de Educación

 
Distribuir contido
Actualizado: hace 8 horas 54 min

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Mér, 19/09/2018 - 15:21
Idioma Gallego

O prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes será desde as 9:00 horas do día 20 de setembro ata as 13:00 horas do día 21 de setembro de 2018. Abrírase un novo período de matriculación durante o período de adxudicación continuada.

 - Máis información

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros

O sistema educativo galego recibe 30 auxiliares de conversa en inglés con alto perfil académico

Mér, 19/09/2018 - 12:38
Idioma GallegoSummary: A Consellería de Cultura e Educación incrementa este curso nun 25% este apoioEn total, os centros educativos contarán con 617 auxiliares

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, Manuel Corredoira, recibiu hoxe os 30 auxiliares de conversa con alto perfil académico que este ano prestarán servizo no sistema educativo galego a través do convenio asinado entre a Consellería e a Comisión Fulbright de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América. Este é o terceiro ano consecutivo no que os centros de ensino da nosa Comunidade contan con este apoio, que este curso se incrementa ademais nun 25%, ao dispor de 4 auxiliares máis deste perfil.

O obxectivo desta iniciativa é favorecer a presenza de persoas nativas de fala inglesa cun alto perfil académico nos centros plurilingües galegos, contribuíndo ao fomento das vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñarías e Informática), así como á competitividade futura do alumnado nestes eidos, nos que o dominio da lingua inglesa é fundamental. A propia Comisión farase cargo do proceso de preparación e difusión da convocatoria e da preselección dos auxiliares de conversa, segundo os criterios de obxectividade, calidade e independencia que rexen os seus programas; e encargarase do seguimento do programa e da xestión do aboamento das compensacións mensuais ás persoas bolseiras, así como da organización dos seminarios de orientación e seminario de seguimento e evolución que se realiza para todas as persoas bolseiras Fulbright estadounidenses en España.

En concreto os centros nos que prestarán apoio son o IES Plurilingüe de Ames  (Ames), CEP Plurilingüe de Ventín (Ames), CEIP Plurilingüe de Pedrouzos (Brión), IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña), CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cervino (A Coruña), IES Plurilingüe Elviña (A Coruña), IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña), IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña), CEIP Plurilingüe de Tarrío (Culleredo), IES Universidade Laboral (Culleredo), CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol), IES Campo de San Alberto (Noia) e IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), na provincia da Coruña; e o CIFP As Mercedes (Lugo), na de Lugo. No caso da provincia de Ourense haberá auxiliares de alto perfil académico no CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo (O Carballiño), IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), IES As Lagoas (Ourense), IES O Couto (Ourense), IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense), CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) e CIFP A Farixa (Ourense); mentres que na de Pontevedra estarán no IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis), IES Antón Losada Diéguez  (A Estrada), IES A Xunqueira I (Pontevedra), IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda), IES República Oriental do Uruguai (Vigo), IES Valadares (Vigo), IES Ricardo Mella (Vigo) e CIFP Manuel Antonio (Vigo).

Esta medida enmárcase na Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa. Ao abeiro desta Estratexia, este curso Galicia contará cun total de 617 auxiliares de conversa (67 máis que o curso anterior, un 12% máis).

Programas e plansAuxiliares de conversaEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaProfesoradoCentrosLinguas estranxeiras

Cualificación da proba específica de acceso ás ensinanzas deportivas de vela para o curso 2018/2019

Mér, 19/09/2018 - 12:17
Idioma Gallego

Xúntase a Acta de avaliación da proba de acceso ás ensinanzas deportivas de vela para o curso 2018/2019

Anuncio principal: Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2018/2019Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas deportivasDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros

Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2018/2019

Mér, 19/09/2018 - 10:25
Idioma Gallego

Mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 31 de xullo de 2018, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

É aplicable ao persoal docente e  non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

 A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

  • A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
  • Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
  • O prazo de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
File:  Resolución do 31 de xullo de 2018 Instrucións Revisións Médicas Preguntas frecuentes Precisións dos prazos de inscriciónTema: Información xeralProgramas e plansDepartamento: Secretaría Xeral TécnicaServizo de Prevención de Riscos LaboraisColectivo: ProfesoradoCentrosSección: Boletín

Permisos ao funcionariado dos corpos regulados na Lei orgánica 2/2016, do 3 de maio, de educación, en relación coas eleccións sindicais ás xuntas de persoal docente non universitario do ámbito de xestión desta consellería

Mér, 19/09/2018 - 09:30
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 10 de setembro de 2018 pola que se regulan os permisos ao funcionariado dos corpos regulados na Lei orgánica 2/2016, do 3 de maio, de educación, en relación coas eleccións sindicais ás xuntas de persoal docente non universitario do ámbito de xestión desta consellería.

File:  Orde do 10 de setembro de 2018 (DOG)Tema: Información xeralEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaColectivo: ProfesoradoCentros

Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación extraordinaria. Convocatoria 2018

Mér, 19/09/2018 - 08:48
Idioma GallegoPublicación das listaxes de persoas con praza adxudicada, na 2ª adxudicación extraordinaria, nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade a distancia. Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros

Admisión a ciclos formativos. Listaxes definitivas de solicitantes. Convocatoria extraordinaria 2018

Mér, 19/09/2018 - 08:45
Idioma GallegoPublicación das listaxes definitivas de solicitantes do período extraordinario de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade a distancia.   Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición. Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros

Tarefas de mantemento no Portal Educativo da Consellería de Cultura, Educación e O. U.

Mar, 18/09/2018 - 17:12
Idioma Gallego

Coa finalidade de realizar tarefas de mantemento, nas próximas horas pode haber cortes puntuais no Portal Educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os posibles cortes non afectarán ao resto de aplicacións informáticas: correo electrónico, webs de centros, EVA, etc.

Os equipos da Xerencia de Proxectos de Educación e da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) son conscientes de que este corte xerará trastornos polo que agradecen de antemán a súa comprensión e colaboración.

Tema: Información xeralAlertas e avisos

Román Rodríguez visita o CIFP Imaxe e Son, na Coruña, un dos centros punteiros na ensinanzas do audiovisual en Galicia

Mar, 18/09/2018 - 14:49
Summary: O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, fixo un percorrido por este centro con aulas especializadas e equipamentos de gravación, dobraxe, e artes escénicas, entre outrosÉ o único da Comunidade Autónoma que imparte o grao superior de Animacións 3D Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta mañá o CIFP Imaxe e Son, na Coruña, un dos centros de Formación Profesional de referencia nestas ensinanzas en Galicia, cuxas clases comezaron onte con 764 matriculados.

Román Rodríguez fixo un percorrido polas aulas especializadas e completamente equipadas como son as de Animación 3 D (de feito é un único centro de Galicia que oferta o grao superior de Animacións 3D, xogos e contornos interactivos), a zona de artes escénicas e teatro, os platós de gravación e fotografía e os estudos de gravación de son e dobraxe.

O conselleiro destacou a importante aposta da Xunta coa FP e de feito nos últimos dez anos a FP galega foi obxecto dunha profunda transformación e adaptación ás demandas do tecido socio produtivo así como aos novos retos dun mundo cada vez máis informatizado, interconectado e globalizado.

Ademais da implementación da oferta de ciclos formativos e a dotación infraestrutural para poder impartilos, cómpre destacar a aposta polo modelo plurilingüe no ámbito da Formación Profesional, coa implantación do PluriFP en 22 centros, 15 dos cales son de nova incorporación este ano, como é o caso do CIFP Someso e do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, ambos na Coruña.

Novidades FP para este curso

A Consellería de Educación ofertou para este curso na provincia da Coruña un total de 12.362 prazas en primeiro curso en centros públicos, nun total de 499 ciclos nas diferentes modalidades. No caso da modalidade de FP Dual haberá este curso 22 ciclos (9 de grao medio e 13 de grao superior) en toda a provincia. Concretamente na área da Coruña cómpre subliñar a incorporación da familia profesional Madeira e Moble con ciclos no CIFP Someso, centro que tamén suma a de Fabricación mecánica e  a de Transporte e mantemento de vheículos; a de Informática e comunicacións con dous ciclos no IES Fernando Wirtz, a familia Marítimo-pequeira con 2 ciclos de grao medio no Ies Universidade Laboral de Culleredo.

Na visita o conselleiro estivo acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, do secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; do director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, entre outros.

EscolarizaciónFormación Profesional inicialConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaSecretaría Xeral TécnicaDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaDirección Xeral de Centros e Recursos HumanosCentros

Resolución provisional dos centros seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, “English Week”, no curso 2018/2019

Mar, 18/09/2018 - 09:23
Idioma GallegoAnuncio principal: Orde do 18 de maio de 2018 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week

Xúntase a Resolución provisional dos centros seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, “English Week”, no curso 2018/2019 correspondentes ao 6º curso de Educación Primaria e aos cursos 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

  • Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo: xsoie@edu.xunta.es ou por fax ao número 981546550, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.
Tema: Lingua estranxeiraProgramas e plansInmersión lingüísticaEnsinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaDepartamento: Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación EducativaColectivo: CentrosSección: Linguas estranxeiras

Aspirantes que superaron o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, convocado pola Orde do 20 de marzo de 2018

Mar, 18/09/2018 - 09:01
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 4 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, convocado pola Orde do 20 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril).

Anuncio principal: Convocado procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de músicaTema: OposiciónsEnsinanza: Ensinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado

Actualizada a bolsa de solicitantes de Intercambios provisionais de destino para o profesorado de Ensinanza Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial (curso 2018/2019)

Lun, 17/09/2018 - 16:00
Idioma Gallego

O persoal docente que teña xa destino para o próximo curso 2018/2019 e que desexe intercambiar o seu posto de destino pode solicitar a súa inclusión na Bolsa de intercambios provisionais cubrindo todos os datos que se recollen no formulario cuxo enlace figura nesta páxina.

É importante que recorden que  a presentación das solicitudes será desde o día seguinte da publicación na páxina web da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da adxudicación definitiva de destinos provisionais e ata o día 17 de setembro e presentaranse obrigatoriamente por sede electrónica tal e como se establece nos artigos 3 e 4 da dita orde.

Orde do 17 de xuño (DOG do 30 de xuño) pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas.

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (código ED002A)

Dirección de correo electrónico: intercambios.secundaria@edu.xunta.es

 

Acceso ao formulario File:  bolsa de solicitantes de Intercambios provisionais (actualizada o día 17 de septiembre de 2018)Tema: PermutasEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaColectivo: ProfesoradoCentros

A porcentaxe de egresados das universidades galegas que traballa increméntase en 9 puntos

Lun, 17/09/2018 - 14:15
Idioma GallegoSummary: Segundo o estudo presentado hoxe, o 79,59% dos titulados no curso 2013/14 traballaba no momento de realizar a enquisaO salario medio mensual aumentou nun 13,3% respecto do reflectido no estudo anterior

A porcentaxe de titulados no Sistema Universitario de Galicia (SUG) que traballaba tres anos despois de rematar os seus estudos ascende a un 79,59%, 9 puntos porcentuais máis ca no caso dos egresados no curso 2012/13. Así se desprende do Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2013-2014, encargado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). O estudo, baseado nunha mostra de 5.132 titulados nese curso (o 61,07% do total de egresados dese ano académico) e realizado mediante enquisa telefónica en xullo de 2017, foi presentado esta mañá nunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, a presidenta da ACSUG, Patrocinio Morrondo, e o seu director, Eduardo López.

Do informe despréndese, así mesmo, que dos titulados que non traballaban no momento de realizar a enquisa, case o 70% si que traballou nalgún momento desde que remataron a titulación, arredor de 11 puntos porcentuais máis ca no estudo anterior. Ademais, e na mesma tendencia que en estudos anteriores, o 80,11% dos que traballan estano a facer en Galicia.

Outro dos aspectos salientables do estudo é o incremento do salario neto mensual dos titulados, que de media ascende ata os 1.231,02 euros, o que supón un incremento do 13,3% respecto do reflectido no estudo anterior (144 euros máis).

Ademais, sigue incrementándose o número de egresados que están desenvolvendo funcións de nivel universitario no seu traballo, ata un 79,83%. Deles, o 84,45% desenvolve función específicas da súa titulación, porcentaxes superiores en ambos os casos ás acadadas no estudo previo. Deste xeito, o 92,43% dos enquisados afirma que volvería cursar estudos universitarios e, ademais, o 66,05% dos titulados que foron preguntados volvería cursar a mesma titulación na mesma universidade (case 4 puntos porcentuais máis ca no estudo anterior).

Busca de emprego

Os titulados no SUG no curso 2013/14 tardaron unha media de 10,42 meses en atopar o primeiro emprego relacionado coa titulación. As vías máis usadas para atopalo foron internet, presentar a candidatura de forma espontánea ou a través de familiares ou amizades. O 55,42% dos titulados atopan o seu primeiro emprego por algunha destas tres vías, que xa eran as máis habituais nos estudos anteriores.

A parte da busca de emprego, o 17,65% dos titulados continuaba estudando no momento da realización da enquisa (deles o 52,73% un mestrado e o 24,51% un doutoramento) e o 25,18% estaba a preparar oposicións (cun lixeiro incremento respecto do 24,02% do estudo anterior).

Mobilidade e linguas

No que atinxe á formación en si mesma, o 75,02% obtivo a titulación que escollera como primeira opción, aínda que o 50,42% dos enquisados ten outra titulación universitaria rematada, a maiores daquela pola que foron entrevistados. En canto ao apoio para cursar estudos universitarios, o 58,4% dos titulados gozou dalgunha bolsa durante os seus estudos e máis da metade deles mantivérona durante 3 ou máis cursos. En calquera caso, o 40,42% compaxinou os estudos cun traballo.

A mobilidade e o coñecemento de idiomas son aspectos tamén analizados neste estudo, que revela que o 19,17% de titulados participou nalgún programa de mobilidade, no 75,42% de casos nun Erasmus. No tocante ao coñecemento de linguas, o 95,74% dos enquisados é quen de usar algún idioma a maiores de galego e castelán. Deles, o 83,93% din ser, como mínimo, usuarios capaces de comunicarse en inglés con certa fluidez e redactar textos sinxelos, o que supón un incremento de máis de 5 puntos porcentuais respecto do estudo anterior.

Información xeralConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaSecretaría Xeral de UniversidadesProfesoradoAlumnadoFamilias

Resolución dos premios fin de carreira do alumnado que rematou os seus estudos universitario no 2017 nas universidades do SUG

Lun, 17/09/2018 - 13:48
Idioma Gallego

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data  de 14 setembro de 2018, elevar ó Conselleiro de  Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a seguinte proposta de concesión de premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitario no 2017 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Próximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde de resolución coa listaxe oficial de concedidos e denegados.

Anuncio principal: Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2017 nas universidades do Sistema universitario de GaliciaTema: Premios autonómicosEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes UniversitariosColectivo: Alumnado

Proxecto do decreto polo que se establece o currículo de Ensinanza e animación sociodeportiva

Lun, 17/09/2018 - 12:00
Idioma Gallego

Publicado o proxecto do Decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Ensinanza e animación sociodeportiva.

Tema: EscolarizaciónNormativa en tramitaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoFamiliasCentros

Román Rodríguez salienta a importancia de difundir desde a escola os valores do respecto á diversidade

Sáb, 15/09/2018 - 12:00
Summary: O conselleiro de Educación participou na inauguración das III Xornadas sobre Diversidade Sexual que organiza a Facultade de Ciencias da Educación da USC Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, salientou a importancia de que desde a escola se forme ao alumnado nos valores do respecto á diversidade para traballar e convivir nun espazo de liberdade e harmonía tanto dentro como fóra das aulas.

Román Rodríguez participou esta mañá na apertura das III Xornadas sobre diversidade Sexual desde a Educación organizadas pola Facultade de Ciencias da Educación da USC, na que tamén participaron o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, a decana Carmen Fernández Morante; e a representante de asociacións LGTBI, Cristina Palacios.

O conselleiro explicou que para acadar unhas maiores cotas de calidade no sistema educativo, ademais da formación académica en torno a cuestións esenciais hoxe en día como o coñecemento de linguas ou as destrezas tecnolóxicas, hai que afondar noutros aspectos como son a convivencia e o respecto, e garantir a equidade e a igualdade de oportunidades.

Nesta liña, a Consellería ten posto en marcha numerosos protocolos para dar resposta ás necesidades específicas do alumnado; entre os que destaca o Protocolo educativo para garantir a igualade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero; un documento que busca garantir unha axeitada atención educativa ao alumnado con identidade sexual distinta á asignada ao nacer ao tempo que difundir na escola o valor do respecto á diversidade afectivo-sexual, á identidade sexual e á pluralidade e á diferenza.

O conselleiro agradeceu a invitación a estas xornadas, -nas que participan docentes, profesores universitarios, expertos e representantes de colectivos LGTBI-, e confiou en que xurdan oportunidades de mellora que axuden a toda a comunidade educativa.

Atención á diversidadeXornadasConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros

Román Rodríguez avanza que o protocolo para a atención do alumnado con altas capacidades servirá de guía para os docentes

Ven, 14/09/2018 - 14:22
Resumo:  O conselleiro de Educación participa na inauguración do I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades, que reúne ata domingo a recoñecidos profesionais internacionais neste ámbito, así como a asociacións, familias e profesorado Lembra que o sistema educativo galego é referente en todo o Estado en inclusión e atención á diversidade: o 92,4% dos estudantes con necesidades educativas especiais está integrado en centros ordinarios Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, salientou que o protocolo para a atención educativa do alumnado con altas capacidades, que se está elaborando en colaboración coa Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC) e a universidade, servirá de guía práctica para os docentes, para que saiban como actuar en cada caso.

“Queremos un profesorado comprometido e ben formado nesta materia, un profesorado que sexa capaz de detectar os casos de altas capacidades e saber como xestionalos na aula”, destacou o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia con motivo da inauguración do I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades. Un foro que reunirá en Santiago desde hoxe ata domingo a recoñecidos profesionais neste campo de estudo, así como a asociacións, familias e profesorado.

Neste sentido, Román Rodríguez puxo en valor a formación continua, a implicación e a motivación dos docentes, que é “clave para promover as potencialidades individuais de cada alumno”. En todo caso, sempre hai que ter en conta que “non todos os casos son iguais e, por iso, non existe, nin pode existir, unha resposta común. Pero desde o punto de vista educativo si debe existir un obxectivo común: aproveitar o talento de cada alumno”. 

O conselleiro lembrou que, neste debate, Galicia ten moito que achegar, posto que o sistema educativo galego é referente en todo o Estado en inclusión e atención á diversidade, tendo en conta que ese é o camiño cara a auténtica xustiza social.

Deste xeito, e grazas ao traballo continuo cos diferentes colectivos e asociacións especializadas, a comunidade galega conta co sistema máis equitativo de España, segundo o último informe PISA; e co máis inclusivo, tal e como acreditan os últimos datos oficiais do Ministerio: o 92,4% do alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) está integrado en centros ordinarios. Ambos os dous datos son, en palabras do conselleiro, un “recoñecemento” cara os docentes, cara os equipos de orientación, e cara todas as asociacións que traballan neste ámbito.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Alumnado