Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

CALENDARIO PROBAS ACCESO CICLOS SUPERIORES 2023

Publicouse o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior da convocatoria 2023. Si queredes inscribirvos tedes información de como facelo e tamén outros datos relativos aos horarios, datas, etc facendo clic neste enlace ou premendo no logo seguinte.

VISITA DE ALVARO BALEATO, ENXEÑEIRO DE RED BULL RACING

O CIFP Coroso contou este venres 23 cunha visita moi especial. Alvaro Baleato, enxeñeiro do equipo Red Bull de Formula 1, compartiu a mañá co alumnado do ciclo de Automoción que se imparte neste Centro.

Alvaro Baleato, enxeñeiro de Red Bull Racing Formula 1 visita Coroso.

VIAXE A PORTO DOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

O alumnado de 2º curso dos ciclos medios e superiores realizaron unha viaxe á cidade de Porto (Portugal), os días 29 e 30 de novembro.

Viaxe a Porto
Organizada dende Emprendemento, e co obxectivo de fomentar o seu espíritu emprendedor  coñecer en directo varios sectores produtivos: unha conserveira e unha bodega.
Un total de 44 alumnos/as  que cursan o módulo de EIE disfrutaron desta viaxe.

VERIFICACIÓNS TÉCNICAS DO RALLYE RIBEIRA'2022 NO CIFP COROSO

Reportaxe fotográfico das verificacións técnicas levadas a cabo pola organización do Rally Ribeira 2022 nas instalacións do Dept. de Automoción do CIFP Coroso.

25N - O CIFP COROSO DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o CIFP Coroso queremos conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 25 de novembro. Implicando ao alumnado de FPB na creación de cancelos para revindicar a tolerancia, respecto e visibilizar a loita contra a violencia. de xénero.

OBRADOIRO DIVERSIDADE PARA ALUMNADO

A Asociación ALAS A Coruña impartiu un obradoiro de diversidade afectivo-sexual para o alumnado de 2º FPB do centro. Un total de 28 alumnos/as compartiron e aprenderon sobre o respecto e identidade de  xénero no marco dun obradoiro dinámico e participativo.
 

Obradoiro Diversidade

OBRADOIRO DIVERSIDADE PARA PROFESORADO

Obradoiro diversidade afectivo-sexual

Impartiuse no CIFP Coroso un Obradoiro para o profesorado sobre "Diversidade afectivo-sexual".
Dirixido ao profesorado dos 7 centros educativos de ensino secundario e FP de Ribeira.

XORNADAS DE ACOLLEMENTO NOVO CURSO ESCOLAR 2022-23

Publícanse as datas e aulas da xornada de acollemento dos diferentes grupos. Prema aquí ou na imaxe.

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS