Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

OFERTA DE NOVOS CURSOS AFD DE NIVEL 2

Informamos de que en breve se poñeran en marcha neste Centro, os seguintes cursos AFD de nivel 2, para desempregados:

TMVL0509:  PINTURA DE VEHÍCULOS (500 horas)

IMAR0108:  MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS FRIGORÍFICAS (540 horas)

Máis información chamando ao 881 866 872

INFORME INSERCIÓN LABORAL 2023

Informe cos datos relativos á inserción laboral do alumnado do CIFP Coroso durante o ano 2023. Este estudo recolle os datos das diferentes familias profesionais que se imparten no centro, e tamén os distintos períodos nos que o alumnado realiza as prácticas en empresas.

CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

En breve abre o prazo de inscrición ás probas de acceso a ciclo superior que se celebrarán o día 18 de abril do 2024. O CIFP Coroso é unha das sedes de realización das probas. Dita inscrición faise de xeito telemático, pero podedes obter máis información no resumo que publicamos nesta web.

DOSSIER COMPETICIÓN DPTO. TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS

Actividades realizadas neste centro educativo nos ultimos anos, relacionadas
coa competición do motor. Clique na imaxe ou no texto para ver o documento.

Ver dossier competición Dpto. TMV

CHARLA DE PABLO TERROBA, ENXEÑEIRO DE FÓRMULA 1

Pablo Terroba Seara, enxeñeiro químico, analista de combustibles e lubricantes do equipo Red Bull de Fórmula 1, deu unha charla na Biblioteca do CIFP Coroso.

VISITA Á REHABILITACIÓN DO ESTALEIRO DE CIPRIÁN (OUTES)

Visita ó estaleiro de Ciprián - Outes

O alumnado dos ciclos de Edificación visitaron a rehabilitación integral dun antigo estaleiro na enseada de Broña, en Outes. A rehabilitación realizouse mantendo as características orixinais do vello estaleiro do ano 1942, sendo reutilizadas pezas orixinais como as cerchas da cuberta ou as táboas do cerramento do taller.

VERIFICACIÓNS III RALLY RIBEIRA RÍA DE AROUSA '2023

Reportaxe video gráfico das verificacións técnicas levadas a cabo pola organización do Rally Ribeira 2023 nas instalacións do Dept. de Automoción do CIFP Coroso.

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS