Skip to Content

Información de interese

Información para pais e nais

Correspondente Xuvenís

   
Webs de interés

 

O novo teléfono do C.I.F.P. Coroso TEL.: 881866874

Curso de mantemento de estrucuturas de carrocerías de vehículos.

28 Abr 2016 10:17
11 Out 2016 10:17

Curso de mantemento de estrucuturas de carrocerías de vehículos.

Curso de Carrocería

O vindeiro 25 de abril comenzará o proceso de selección do alumnado para este curso que Pertence á familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos.

Os módulos formativos a impartir son:

  • Elementos fixos.
  • Elementos estructurais do vehículo.
  • Conformado elementos metálicos.
  • Módulo de prácticas profesionais non laborais.

Co seguinte horario:

De luns a venres de 16:00 a 21 horas. (Nos meses de xullo e agosto terá horario de mañá).

Curso de Peixería e Elaboración de productos de pesca e acuicultura.

Curso de Peixaría

O vindeiro 25 de abril comenzará o proceso de selección do alumnado para este curso que pertence á familia profesional de Industrias alimentarias. Os módulos formativos a impartir son:

  • Recepción, almacenaxe e expedición de productos de pesca.
  • Acondicionamento e tecnoloxía de pescados.
  • Preparación e venda de pescados.
  • Elaboración de conservas e salazóns de pescados.
  • Elaboración de conxelados e cociñados de pescados.
  • Módulo de prácticas profesionais non laborais.

Co seguinte horario:

De luns a venres de 16:00 a 21 horas. (Nos meses de xullo e agosto terá horario de mañá).

 

Idiomas para viaxar - Recursos da Biblioteca

Recomendacións Idiomas para viaxar

Día Internacional da Muller

Cartel Día internacional da muller

Este ano compartirán as súas experiencias con nos, dúas mulleres que teñen unha profesión onde hai unha maior presencia masculina. Ámbolas dúas, desempeñan traballos moi interesantes cos que gran parte do alumnado se poderá sentir identificado.

EXPERIENCIAS COMPARTIDAS CON:

-    KARMEN OLVEIRA. ( POLICÍA NACIONAL DE RIBEIRA)
-    EVA FERNÁNDEZ (ELECTRICISTA EN JEALSA RIANXEIRA, S.A)

A charla terá lugar o día 8 de marzo (martes) de 10.30 a 11.30
Biblioteca do CIFP COROSO. Estará destinada a todos os primeiros cursos de ciclo medio e superior.
Grazas a todos/as pola vosa colaboración e esperamos que a actividade sexa de interese.

Proceso de Acreditación de competencias profesionais a través da experiencia laboral

     
     

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
  
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
 
As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.
 
A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso deacredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través daexperiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiroao 3 de febreiro de 2017.

 

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezohttp://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2017.

 

Recomendacións da bliblioteca para o día da PAZ

Recomendacións do dia da Paz  Recomendacións da Biblioteca para o Día da Paz

Apertura de plazo para interinidades y sustituciones de cuerpos de profesores de PT de Formación Profesional

- D.O.G. Nº 17, del 27/01/16.  ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nos corpos de profesores de ensino secundario nas especialidades de Francés (590010), Navegación e Instalacións Mariñas (590109) e Procesos e Medios de Comunicación (590119), e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades de Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble (591204), Produción de Artes Gráficas (591223), Soldadura (591228) e Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son (591229).

Charla sobre prevención de riscos profesionais e actuacións ante situacións de emerxencia

LUGAR DE IMPARTICIÓN:   BIBLIOTECA DO CIFP COROSO

PONENTE: Jesús Valencia Sar. Responsable técnico do Dpto. de prevención de incendios en Bombeiros de A  Coruña
HORA: 10.30-11.30

Esta charla é para todo o alumnado de primeiros cursos do centro, tanto ciclos medios coma superiores. un total de 134 alumnos/as.
Os contidos que o bombeiro tratará  na charla son:
- Actuacións ante un conato de incendio: protocolo de evacuación.  Explicación e proxección dun video explicativo que se  rodou nun centro de Galicia. Tamén se explicará o manexo dos extintores e o alumnado poderá probar o seu funcionamento.
- Primeiros auxilios ante:
* fractura.
*queimaduras.
*cortes.
* intoxicacións por gases.
  - A maniobra de RCP e tamén como actuar ante atragantamentos. Contarase con 2 maniquís para poder practicar esta maniobra.
- A importancia dos Equipos de Protección Individual  ( EPIs)

Recomendación Outono Inverno 2016-17

Actualizar  Recomendación Outono  -  Inverno 2016-2017

Festa do Nadal

festa do Nadal

Esta festa ten como obxectivo conmemorar o Nadal  na compaña dos nosos amigos/as da Asociación Ambar de Ribeira. Xa en meses anteriores fixemos actividades conxuntas, como o Gastro Evento no que usuarios de Ambar cociñaron cos nosos alumnos/as de 2º FPB industrias alimentarias e tamén visitaron os talleres de automoción, e posteriormente fomos convidados a sede da asociación para celebrar un Magosto e participar en xogos populares.
Esta I festa ten un  fin totalmente lúdico, para que os usuarios de Ambar disfruten dos postres de nadal que foron elaborados polo noso alumnado de 2º FPB industrias alimentarias: polvoróns, turróns, rosquillas, carbón de azucre e biscoitos.
Virán o mércores a Coroso 16 usuarios de Ambar para pasar unha mañá agradable e distinta, cos nosos rapaces/as de 2º FPB industrias alimentarias, todo elo na Planta de industrias, que será decorada para a ocasión polos propios alumnos/as.

Decoracion

Distribuir contido


by Dr. Radut