Skip to Content

Girls in ICT Day - Rapazas nas TIC

Girsl ICT O día 25 de abril é o Día Internacional das “Rapazas nas TIC” (Girls in ICT), promovido e coordinado pola ITU (International Telecommunications Union), da que España é membro, para crear unha contorna global que promova e apoie ás rapazas para que consideren carreiras no eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs). Este ano este evento é coordinado pola Comisión Europea, Parlamento europeo e a ITU.

O Centro de Supercomputación de Galicia, o CESGA e a Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Consellería de Educación, Secretaría Xeral de Igualdade, Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos e a Rede Galega de e-Learning, promoven un acto presencial e aberto por multiconferencia aos centros de ensino secundario que queiran participar no mesmo. O acto permitirá a participación remota por texto para poder preguntar / enviar comentarios aos poñentes do mesmo.

O Cesga e o coordinador dun proxecto europeo de innovación educativa denominado “ICT-GO-Girls!, Promoción do Emprendemento entre as Rapazas de Secundaria a través das TIC”, no que participa a propia Universidade de Santiago de Compostela e 5 socios europeos de Austria, Polonia, Alemaña e Bélxica.

Día: 25 de abril 2013

Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA. Santiago de Compostela.

Hora: 10:00 am. (Duración total estimada, 1:30 horas)

Formato Telepresencial:
Para aqueles centros interesados en participar de forma telepresencial, se require:

  • Contar cun aula con proxector / pantalla conectada a un ordenador con conexión a internet por cable e sistema de sonido de sala
  • O ordenador debe contar cun navegador de Internet e o plugin de Flash actualizados
  • Poñerse en contacto con nos enviando un correo a e-learning@cesga.es para poder realizar unha pequena proba técnica previa o día 17

Participantes:

  • CESGA (Cooordenador Proxecto ICT-Go-Girls!)
  • Secretaría Xeral Igualdade (Participante Proxecto ICT-Go-Girls!)
  • Consellería de Educación (Participante Proxecto ICT-Go-Girls!)
  • USC  (Participante Proxecto ICT-Go-Girls!)
  • Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia
  • 4 mulleres gallegas emprendedoras en contorna TIC
  • Centros piloto proxecto involucrados ICT-Go-Girls: CPI O Cruce (Cerceda, A Coruña), IES Rosalía (Santiago de Compostela)

Axenda:
Preside: Secretaria Xeral de Igualdade

  • 10:00 Benvida: Presidente do Centro de Supercomputación de Galicia
  • 10:05 Unha fenda dixital a salvar. As rapazas, emprendemento e as TIC. (Representante Consellería Educación)
  • 10:30 Proxecto Europeo ICT-Go-Girls! “Promoción do emprendemento entre as rapazas de Secundaria a través das TIC (Cesga – USC)

Visión e experiencia de catro mulleres emprendedoras galegas en contorna TIC:

  • 10:35 Visión e experiencia de Luz Castro, Propietaria de Imaxin Software http://www.imaxin.com/
  • 10:40 Visión e experiencia de Noa Orizales, Directora de Contidos Dixitais http://contidosdixitais.com/
  • 10:45 Visión e experiencia de Marta Fernández Bugueiro, CEO de Smartbites http://www.smartbites.net/
  • 10:50 Visión e experiencia de Maica García Rodríguez, CEO de Frutifri http://www.frutifri.com/
  • 11:00 Participación por multiconferencia dende os centros poiloto do proxecto e outros centros de secundaria galegos interesados. Ronda de preguntas e comentarios.
  • 11:30. Peche do acto

Máis recursos sobre este evento: http://girlsinict.org/es/
Proxecto ICT-Go-Girls: http://ictgogirls.eu
Maís información sobre o CESGA: http://www.cesga.es



story | by Dr. Radut