Skip to Content

Técnico en instalacións eléctricas e automáticas

Que se aprende
a facer?
Montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio.
En que ámbitos
se traballa?
En pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea.
Que ocupacións
se desempeñan?
Instalador/ora mantedor/ora electricista. Electricista de construción. Electricista industrial. Electricista de mantemento. Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos. Instalador/ora mantedor/ora de antenas. Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas. Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía. Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica.
Cales son os
módulos deste
ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

  Curso  Código Módulos  profesionais Horas
  MP0232 Automatismos industriais 213
  MP0233 Electrónica 107
  MP0234 Electrotecnia 213
  MP0241 Formación e orientación laboral 107
  MP0235 Instalacións eléctricas interiores 320
  MP0242 Empresa e iniciativa emprendedora 53
  MP0243 Formación en centros de traballo 410
  MP0237 Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios 123
  MP0236 Instalacións de distribución 155
  MP0238 Instalacións domóticas 123
  MP0239 Instalacións solares fotovoltaicas 53
  MP0240 Máquinas eléctricas 123
 


page | by Dr. Radut