Skip to Content

Técnico en Carrozaría

Que se aprende
a facer?
Realizar as operación de reparación, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de carrozaría, bastidor, cabina e equipamentos ou apeiros, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos
se traballa?
 Nas industrias de construción e mantemento de vehículos, na área de carrozaría, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas, e ferrocarrís, así como noutros sectores produtivos onde se realicen traballos de chapa, transformacións e adaptacións de carrozarías, adaptacións e montaxe de equipamentos de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e da construción, en vehículos pesados, e na construción e reparación de elementos de fibra, compostos e pintura.
Que ocupacións
se desempeñan?
Chapista reparador/ora de carrozaría de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e obras públicas, e material ferroviario. Instalador/ora de cristais e montador/ora de accesorios. Pintor/ora de carrozaría de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e obras públicas, e material ferroviario.
Cales son os
módulos deste
ciclo?
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
  Curso  Código Módulos  profesionais Horas
  MP0254 Elementos amovibles 212
  MP0256 Elementos fixos 267
  MP0255 Elementos metálicos e sintéticos 267
  MP0261 Formación e orientación laboral 107
  MP0260 Mecanizado básico 107
  MP0258 Elementos estruturais do vehículo 193
  MP0259 Embelecemento de superficies 212
  MP0262 Empresa e iniciativa emprendedora 53
  MP0263 Formación en centros de traballo 410
  MP0257 Preparación de superficies 172


page | by Dr. Radut