Skip to Content

Noticias de Fp

Xornadas de formación profesional e emprego do Morrazo 2019

Formación Profesional Galicia - Xov, 14/02/2019 - 08:30

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participa nas Xornadas de formación profesional e emprego do Morrazo, que se celebran no Auditorio municipal de Cangas os días 13 e 14 de febreiro 2019.

Estas xornadas contan coa participación dos centros educativos de Cangas, Moaña, Bueu e Vilaboa. Haberá mesas redondas sobre a estrutura da formación profesional e o mercado laboral no Morrazo, ademais de obradoiros e stands de información sobre a formación profesional.

Imaxe Portada:  Imaxe: 
Categorías: Noticias de Fp

XII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría, VII Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalaría e VII Campionato Internacional de Baristas Profesionais

Formación Profesional Galicia - Lun, 11/02/2019 - 13:04

O IES de Foz organiza novamente tres campionatos de hostalaría: dous de baristas e un de cata de cafés. Estes campionatos acollen aos mellores baristas profesionais e aos mellores estudantes de hostalaría. Ademais, contan coa colaboración de empresas de referencia no sector.

As competicións, que se celebrarán durante os días 13, 14 e 15 de febreiro de 2019, son as seguintes:

  • XII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría
  • VII Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalaría
  • VII Campionato Internacional de Baristas Profesionais

Accede ao:

Centro educativo:  IES de Foz
Categorías: Noticias de Fp

Certame Cooperativismo no Ensino 2019

Formación Profesional Galicia - Xov, 07/02/2019 - 11:52

Publicada a Orde do 20 de decembro de 2018 (DOG do 31 de xaneiro de 2019) pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

O certame ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

A presentación de solicitudes farase exclusivamente por vía telemática a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) . O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de abril de 2019.

Modalidades

  • Modalidade de actividades artísticas, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial
  • Modalidade de actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial
  • Modalidade de proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial

Modalidade de proxectos empresariais cooperativos

O alumnado dos centros educativos que impartan formación profesional específica e de ensinanzas de réxime especial, nos cales se realizasen actividades de fomento e divulgación do cooperativismo, poderá presentar a este concurso os proxectos empresariais elaborados por eles, baixo a única modalidade de proxectos empresariais cooperativos.

Os proxectos deberán desenvolver o proceso completo de posta en marcha dun proxecto empresarial, baixo a fórmula cooperativa, orixinal, coherente e viable economicamente.

Os proxectos deberán estar redactados en galego e presentaranse en formato papel e en formato electrónico que permita a súa posterior publicación, acompañados obrigatoriamente dunha ficha resumo segundo o modelo que pode obterse na sección de axudas e subvencións da web http://ceei.xunta.gal/, así como dun currículo do grupo (nomes, apelidos, idades e estudos do alumnado).

Na elaboración de cada proxecto deberán participar, como mínimo, tres alumnos ou alumnas, que deberán estar dirixidos por un profesor ou profesora, ou un director ou directora.

Categorías: Noticias de Fp

Xantar 2019. 20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico

Formación Profesional Galicia - Mér, 06/02/2019 - 14:41

Entre o 6 e o 10 de febreiro, celébrase no recinto de Expourense a feira Xantar 2019, vixésima edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

Como en edicións anteriores de Xantar, a formación profesional galega conta cunha zona dedicada á difusión das súas ensinanzas, na que teñen especial importancia as familias profesionais de Hostalaría e turismo e de Industrias alimentarias.

O stand da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional está atendido por profesorado e alumnado do IES Vilamarín, que ofrece aos visitantes degustacións de produtos elaborados no propio centro educativo. Cóntase tamén coa colaboración de profesorado e alumnado do CIFP A Farixa.

Centro educativo:  IES de Vilamarín
Categorías: Noticias de Fp

Carnés e habilitacións profesionais. Orde da convocatoria 2019

Formación Profesional Galicia - Lun, 04/02/2019 - 09:06

Publicada a Orde do 23 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2019.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Primeira convocatoria: do 18 de febreiro ao 1 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Segunda convocatoria: do 1 ao 12 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos

- Máis información

Categorías: Noticias de Fp

Carnés e habilitacións profesionais. Próxima publicación da Orde da convocatoria 2019

Formación Profesional Galicia - Ven, 25/01/2019 - 14:37

Xúntase o borrador da Orde do 23 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2019.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Primeira convocatoria: do 18 de febreiro ao 1 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Segunda convocatoria: do 1 ao 12 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos

- Máis información

Categorías: Noticias de Fp

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2019

Formación Profesional Galicia - Ven, 25/01/2019 - 09:05

Publicada a Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos

Máis información:

Categorías: Noticias de Fp

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións definitivas. Convocatoria extraordinaria 2018

Formación Profesional Galicia - Mar, 22/01/2019 - 13:03

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións da convocatoria extraordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar recurso de alzada perante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo de un mes desde a súa publicación.

Categorías: Noticias de Fp

Axudas FCT

Formación Profesional Galicia - Mar, 22/01/2019 - 08:38

Publicada a Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 24 de abril de 2018.

Categorías: Noticias de Fp

Concurso Testemuños Europass

Formación Profesional Galicia - Lun, 21/01/2019 - 08:50

O Centro Nacional Europass ten en marcha, desde o pasado mes de decembro, un concurso a través do cal se seleccionarán as persoas que darán imaxe á campaña de difusión Europass en redes sociais durante o ano 2019.

A participación está aberta a calquera persoa maior de idade, que utilizase algún documento Europass e queira compartir en que medida foi de axuda. Búscanse participantes de todos os perfís (estudantes, docentes, profesionais, empresas, etc.) polo que a participación está aberta a calquera persoa e non só ao alumnado ou ao persoal docente. O prazo de participación estará aberto ata o 30 de xaneiro de 2019.

Categorías: Noticias de Fp

Concurso Novos Técnicos en Automoción 2019

Formación Profesional Galicia - Mar, 15/01/2019 - 14:17

A Fundación Compromiso coa Formación Profesional (Comforp), xunto con Motortec e as empresas patrocinadoras da fundación, convocan a XVI edición do Concurso Novos Técnicos en Automoción CJTA. Nesta edición convócanse tres perfís:

  • Electromecánica
  • Carrozaría/Pintura
  • FPB/ACE/Similares

- Bases do concurso

- Ficha de inscrición

- Máis información

Categorías: Noticias de Fp

Proxectos de formación para o profesorado de FP. 2018-2019

Formación Profesional Galicia - Xov, 10/01/2019 - 15:34

Publicada a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2018-2019 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.

Categorías: Noticias de Fp

Convocatoria Dualiza 2019

Formación Profesional Galicia - Ven, 21/12/2018 - 15:32

Publicada a convocatoria Dualiza 2019 de axudas a proxectos de formación profesional de colaboración entre centros e empresas, unha iniciativa da Fundación Bankia pola FP Dual e a Asociación de Centros de Formación Profesional Fpempresa.

Categorías: Noticias de Fp

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2019

Formación Profesional Galicia - Ven, 21/12/2018 - 14:51

Xúntase o borrador da Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos

Máis información:

Categorías: Noticias de Fp

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións provisionais. Convocatoria extraordinaria 2018

Formación Profesional Galicia - Xov, 20/12/2018 - 12:48

Publicada a listaxe provisional de cualificacións da convocatoria extraordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 3 de xaneiro de 2019.

Categorías: Noticias de Fp

Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2019

Formación Profesional Galicia - Mér, 19/12/2018 - 15:34

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 8 de febreiro de 2019.

Información sobre a convocatoria:

email:  fpinnova@edu.xunta.es

Tlf: 881997331

Categorías: Noticias de Fp

Acreditación de competencias. Convocatoria 2019

Formación Profesional Galicia - Xov, 13/12/2018 - 17:30

Publicada a Orde do 4 de decembro de 2018 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Importante

  • A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 14 de xaneiro de 2019.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2019.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.
Categorías: Noticias de Fp

GaliciaSkills 2018. Alumnado gañador

Formación Profesional Galicia - Lun, 03/12/2018 - 15:04

A Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu o pasado 30 de novembro a entrega das medallas de GaliciaSkills 2018, celebrado no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda) e organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Máis de 130 alumnos e alumnas de 52 centros sostidos con fondos públicos mediron nestes días as súas destrezas en 26 especialidades, demostrando a excelencia das ensinanzas que reciben.

Unha vez máis, quedou patente o gran nivel do alumnado e profesorado da formación profesional galega, tanto polo excelente traballo de competidores/as, expertos/as e titores, como pola colaboración no desenvolvemento dos obradoiros (artes gráficas, drons, imaxe persoal e hospital de robots), das demostracións e de varios das servizos e tarefas de organización do evento (reprografía, atención a visitas, apoio administrativo, etc.).

O alumnado gañador da medalla de ouro representará a Galicia en SpainSkills 2019. Na seguinte ligazón pode consultar a relación de alumnado gañador de medalla de ouro e prata:

Categorías: Noticias de Fp

Resolución pola que se resolven as bolsas para mocidade do exterior FP

Formación Profesional Galicia - Xov, 29/11/2018 - 10:58

Xúntase a Orde do 20 de novembro de 2018 pola que se publica a resolución pola que se resolven as bolsas para a mocidade do exterior establecidas na Orde do 6 de agosto de 2018.

Categorías: Noticias de Fp

GaliciaSkills 2018. Primeira mañá de competición

Formación Profesional Galicia - Mér, 28/11/2018 - 16:02

Máis de dous mil trescentos alumnos e alumnas de toda Galicia asistiron na mañá do mércores 28 de novembro ao comezo das competicións de GaliciaSkills 2018.

Imaxe Portada:  Imaxe: 
Categorías: Noticias de Fp
Distribuir contido


by Dr. Radut