Skip to Content

Taboleiro

"ESTADÍAS PARA O PROFESORADO NO ESTRANXEIRO".

Charla sobre AUTOEMPREGO: DESEÑA O TEU FUTURO.

Charla sobre AUTOEMPREGO: DESEÑA O TEU FUTUR

Calendario de probas libres electromecánica de Vehículos 2015/16

Calendario de probas libres.

 DEPARTAMENTO DE TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS

FASE DE ASESORAMENTO 2016: Convocatoria de Reunión de Grupo

Convócase á reunión de grupo da fase de asesoramento a todas as persoas incluídas nas LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDA o XOVES día 28 de ABRIL as 17 H na biblioteca do CIFP COROSO de Ribeira co propósito de organizar e informar a fase de asesoramento e o proceso de acreditación de competencias

(ASISTENCIA OBLIGATORIA

I Xornadas adicadas a Industria Conservera "ALGAS: do Mar á Mesa"

Dende o 12 ao 15 de abril celebraranse no CIFP COROSO as Primeiras xornadas adicadas á Industria conserveira "ALGAS: do mar á  mesa".

Con Conferencias e Ponencias sobre:

  • Técnicas e tratamentos de conservación de algas.
  • Algas do mar a Mesa
  • Compoñentes das algas de interese na industria alimentaria.
  • Aplicación das algas na medicina e na cosmética.
  • Algas máis alá da alimentación e da saúde.
  • A importancia das algas nas dietas terapéuticas.
  • Usos, explotación e cultivo das macroalgas mariñas de Galicia.

Tríptico do programa das  xornadas

 

 

Calendario para probas libres para a obtención de títulos de ciclos formativos de formación profesional (LOE)

Calendario

Publícanse o calendario para a admisión para as probas libres segundo o establecido na Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Calendario do proceso de admisión das probas libres de títulos de FP LOE.

Instrucións sobre o proceso de admisión e para cubrir o impreso de solicitude de admisión.

Curso de mantemento de estrucuturas de carrocerías de vehículos.

Curso de Carrocería

O vindeiro 25 de abril comenzará o proceso de selección do alumnado para este curso que Pertence á familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos.

Os módulos formativos a impartir son:

  • Elementos fixos.
  • Elementos estructurais do vehículo.
  • Conformado elementos metálicos.
  • Módulo de prácticas profesionais non laborais.

Co seguinte horario:

De luns a venres de 16:00 a 21 horas. (Nos meses de xullo e agosto terá horario de mañá).

Idiomas para viaxar - Recursos da Biblioteca

Recomendacións Idiomas para viaxar

V Mesa Redonda de Emprendemento

V mesa redonda de emprendemento

O vindeiro venres 1 de abril na biblioteca do centro dende as 9:30 - 11:30 terá lugar a

V Mesa redonda sobre o emprendemento

cos seguinte Ponentes:

- Alberto Laíño Pérez. Boiro Inyección S.L.
- Ana Ruiz Reiriz. Electrodomésticos Ruiz S.L.
- Roberto Rodríguez Prieto. Artesáns da pesca Cooperativa de Ribeira.
- Stella Vicente Sieira. Asesora Financeira titulada EFPA

Día Internacional da Muller

Cartel Día internacional da muller

Este ano compartirán as súas experiencias con nos, dúas mulleres que teñen unha profesión onde hai unha maior presencia masculina. Ámbolas dúas, desempeñan traballos moi interesantes cos que gran parte do alumnado se poderá sentir identificado.

EXPERIENCIAS COMPARTIDAS CON:

-    KARMEN OLVEIRA. ( POLICÍA NACIONAL DE RIBEIRA)
-    EVA FERNÁNDEZ (ELECTRICISTA EN JEALSA RIANXEIRA, S.A)

A charla terá lugar o día 8 de marzo (martes) de 10.30 a 11.30
Biblioteca do CIFP COROSO. Estará destinada a todos os primeiros cursos de ciclo medio e superior.
Grazas a todos/as pola vosa colaboración e esperamos que a actividade sexa de interese.

Proxecto de Soporte para Pintar Puertas de Coche

Os alumnos de 1º Ciclo Medio de Instalacións Frigoríficas e de Climatización e de 1º Ciclo Medio de Instalacións de Producción de Calor , deseñaron e dibuxarón en Autocad un soporte para pintar portas de coches baixo a dirección do profesor Jose Luis Lomba, os encargados de fabricar este proxecto serán os alumnos de 1º Ciclo Medio de Carrozaría dirixidos polo profesor Ramón Quintans.

Enfocada dita actividade como aprendizaxe por proxecto dentro do módulo de Técnicas de Mecanizado, que é comúns aos tres ciclos.

Meste proxecto os alumnos terán que Deseñar, Debuxar, Calcular, Medir, Mecanizar, Taladrar, Roscar, e planificar todas as operación para fabricar este soporte.

Proxecto de Mordaza para Taladro Vertical

Mordaza para taladro de columna

Os alumnos de 1º Ciclo de Instalacións de Producción de Calor deseñaron e van a fabricar cinco mordazas para usar nos taladros de columna vertical do taller de mecanizado, enfocada dita actividade como aprendizaxe por proxecto e aprendizaxe servizo dentro do módulo de Técnicas de Mecanizado e Montaxe de Instalacións.

Meste proxecto os alumnos terán que Deseñar, Debuxar, Calcular, Medir, Mecanizar, Taladrar, Roscar, e planificar todas as operación para fabricar a mordaza. Dirixidos polo profesor Jose Luis Lomba.

 

Proceso de Acreditación de competencias profesionais a través da experiencia laboral

     
     

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
  
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
 
As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.
 
A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso deacredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través daexperiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiroao 3 de febreiro de 2017.

 

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezohttp://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2017.

 

Recomendacións da bliblioteca para o día da PAZ

Recomendacións do dia da Paz  Recomendacións da Biblioteca para o Día da Paz

Apertura de plazo para interinidades y sustituciones de cuerpos de profesores de PT de Formación Profesional

- D.O.G. Nº 17, del 27/01/16.  ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nos corpos de profesores de ensino secundario nas especialidades de Francés (590010), Navegación e Instalacións Mariñas (590109) e Procesos e Medios de Comunicación (590119), e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades de Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble (591204), Produción de Artes Gráficas (591223), Soldadura (591228) e Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son (591229).

Distribuir contenido


by Dr. Radut