 |
Na conmemoración do día das Letras Galegas no CIFP Coroso estivo con nos Quico Cadaval, contacontos- narrador nativo de Ribeira, para contarnos historias de acá e de acolá co seu humor habitual, tomando como referente o día das Letras Galegas.
Tamén actuou o grupo musical, AMIGOS DE NUNCA, formado por 3 músicos, interpretou o poema de PENÉLOPE DE JOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, escritor homenaxeado este ano.
Este acto estaba dirixido a todo o alumnado de 1º cursos ( CM e CS) do noso centro, asistiron uns 100 alumnos/as en total e celebrouse na biblioteca, ademais contamos coa presenza da Concellala de Educación do concello ( Carmen Vizcaya) e tamén da responsable de Normalización lingüística de Ribeira. Organizando o acto o equipo de Dinamización da Lingua Galega
Ver Fotos 1 2 3 4 5
|