Skip to Content

V Mesa Redonda de Emprendemento

V mesa redonda de emprendemento

O vindeiro venres 1 de abril na biblioteca do centro dende as 9:30 - 11:30 terá lugar a

V Mesa redonda sobre o emprendemento

cos seguinte Ponentes:

- Alberto Laíño Pérez. Boiro Inyección S.L.
- Ana Ruiz Reiriz. Electrodomésticos Ruiz S.L.
- Roberto Rodríguez Prieto. Artesáns da pesca Cooperativa de Ribeira.
- Stella Vicente Sieira. Asesora Financeira titulada EFPA

Listaxe Provisional de Admitidos ao proceso de Acreditación 2016

Publícanse as listaxes provisionais de persoas admitidas por unidade de competencia

Día Internacional da Muller

Cartel Día internacional da muller

Este ano compartirán as súas experiencias con nos, dúas mulleres que teñen unha profesión onde hai unha maior presencia masculina. Ámbolas dúas, desempeñan traballos moi interesantes cos que gran parte do alumnado se poderá sentir identificado.

EXPERIENCIAS COMPARTIDAS CON:

-    KARMEN OLVEIRA. ( POLICÍA NACIONAL DE RIBEIRA)
-    EVA FERNÁNDEZ (ELECTRICISTA EN JEALSA RIANXEIRA, S.A)

A charla terá lugar o día 8 de marzo (martes) de 10.30 a 11.30
Biblioteca do CIFP COROSO. Estará destinada a todos os primeiros cursos de ciclo medio e superior.
Grazas a todos/as pola vosa colaboración e esperamos que a actividade sexa de interese.

Prácticas de Formación en Centros de Traballo na UE

Once alumnos do CIFP  COROSO  realizarán as prácticas da FCT nun pais da Unión Europea

Proxecto de Soporte para Pintar Puertas de Coche

Os alumnos de 1º Ciclo Medio de Instalacións Frigoríficas e de Climatización e de 1º Ciclo Medio de Instalacións de Producción de Calor , deseñaron e dibuxarón en Autocad un soporte para pintar portas de coches baixo a dirección do profesor Jose Luis Lomba, os encargados de fabricar este proxecto serán os alumnos de 1º Ciclo Medio de Carrozaría dirixidos polo profesor Ramón Quintans.

Enfocada dita actividade como aprendizaxe por proxecto dentro do módulo de Técnicas de Mecanizado, que é comúns aos tres ciclos.

Meste proxecto os alumnos terán que Deseñar, Debuxar, Calcular, Medir, Mecanizar, Taladrar, Roscar, e planificar todas as operación para fabricar este soporte.

Proxecto de Mordaza para Taladro Vertical

Mordaza para taladro de columna

Os alumnos de 1º Ciclo de Instalacións de Producción de Calor deseñaron e van a fabricar cinco mordazas para usar nos taladros de columna vertical do taller de mecanizado, enfocada dita actividade como aprendizaxe por proxecto e aprendizaxe servizo dentro do módulo de Técnicas de Mecanizado e Montaxe de Instalacións.

Meste proxecto os alumnos terán que Deseñar, Debuxar, Calcular, Medir, Mecanizar, Taladrar, Roscar, e planificar todas as operación para fabricar a mordaza. Dirixidos polo profesor Jose Luis Lomba.

 

Solicitantes que necesitan actualizar a súa documentación

Publicanse os listados dos solicitantes que necesitan actualizar a súa documentación

Guía de recomendación de lectura para primaveira-verán

Recomendacións

 Guía de recomendacións de lectura para primaveira-verán

preme aquí

Proceso de Acreditación de competencias profesionais a través da experiencia laboral

     
     

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
  
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
 
As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.
 
A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso deacredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través daexperiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiroao 3 de febreiro de 2017.

 

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezohttp://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2017.

 

Charla sobre as Forzas Armadas

Forzas Armadas O día 4 de febreiro celebrarase na biblioteca do centro unha charla sobre as Forzas Armadas Para falar sobre a nova convocatoria de  tropa de Marineria e Infantería. Esta charla vai dirixida para todo o alumnado do centro. Virá Arturo Suárez Blanco, Tenente Coronel e Xestor de área. Ministerio de Defensa.

Recomendacións da bliblioteca para o día da PAZ

Recomendacións do dia da Paz  Recomendacións da Biblioteca para o Día da Paz

Apertura de plazo para interinidades y sustituciones de cuerpos de profesores de PT de Formación Profesional

- D.O.G. Nº 17, del 27/01/16.  ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nos corpos de profesores de ensino secundario nas especialidades de Francés (590010), Navegación e Instalacións Mariñas (590109) e Procesos e Medios de Comunicación (590119), e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades de Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble (591204), Produción de Artes Gráficas (591223), Soldadura (591228) e Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son (591229).

Charla sobre prevención de riscos profesionais e actuacións ante situacións de emerxencia

LUGAR DE IMPARTICIÓN:   BIBLIOTECA DO CIFP COROSO

PONENTE: Jesús Valencia Sar. Responsable técnico do Dpto. de prevención de incendios en Bombeiros de A  Coruña
HORA: 10.30-11.30

Esta charla é para todo o alumnado de primeiros cursos do centro, tanto ciclos medios coma superiores. un total de 134 alumnos/as.
Os contidos que o bombeiro tratará  na charla son:
- Actuacións ante un conato de incendio: protocolo de evacuación.  Explicación e proxección dun video explicativo que se  rodou nun centro de Galicia. Tamén se explicará o manexo dos extintores e o alumnado poderá probar o seu funcionamento.
- Primeiros auxilios ante:
* fractura.
*queimaduras.
*cortes.
* intoxicacións por gases.
  - A maniobra de RCP e tamén como actuar ante atragantamentos. Contarase con 2 maniquís para poder practicar esta maniobra.
- A importancia dos Equipos de Protección Individual  ( EPIs)

Recomendación Outono Inverno 2016-17

Actualizar  Recomendación Outono  -  Inverno 2016-2017

Programas de Garantía Xuvenil

O vindeiro día 27 virá MACARENA FERREIRO PRADO. Orientadora Laboral do SEPE ( Servizo Público de Emprego) de Boiro. para falar do PROGRAMA DE INCENTIVOS A CONTRATACIÓN PARA PERSOAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL.

A charla está destinada ao alumnado de 2º cursos de ciclos medios e superiores porque son os que máis axiña se incorporarán ao mercado laboral.

A charla terá lugar o 27 de outubro as 12.00 e rematará as 13.00 na BIBLIOTECA DO CIFP COROSO.

Distribuir contenido


by Dr. Radut