Skip to Content

2º Gastro evento: “ Cociñando sen límites”.

  2º Gastro evento: “ Cociñando sen límites”.  
 

 

  2º Gastro evento: “ Cociñando sen límites”.
 
O día 2 de decembro as 10.30  terá lugar no CIFP Coroso unha xornada de convivencia na que o alumnado de 2º  Formación Profesional Básica compartirá a mañá con usuarios da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. O eixe vertebrador desta xornada será a cociña. A través de distintas elaboracións no propio centro educativo e a posterior degustación por parte de todos/as os participantes, tentarán acadarse os seguintes obxectivos:
 

  • Fomento da responsabilidade e autonomía.
  • Axuda entre iguais.
  • Potenciación de hábitos alimentarios saudables: dieta atlántica.
  • Inclusión e participación social nos distintos entornos, como é o educativo.
  • Asunción de  valores de respecto, tolerancia e non discriminación entre persoas.

 
 
A xornada rematará arredor das 13.30 cunha visita da Asociación Ambar polas instalacións do centro, na que poderán coñecer as distintas familias profesionais que se imparten e ver en directo o traballo dos alumnos/as, sobre todo os da rama de Mantemento de vehículos. O grupo de 2º FPB de mantemento de vehículos faralles unha visita guiada polos distintos talleres nos que se imparten as clases prácticas.
Organizan:
- Dpto. Industrias alimentarias.
- Dpto. Mantemento de vehículos.
- Dpto. Orientación.
- Equipo EDLG.
- Equipo de dinamización da Biblioteca.
- Dpto. de TICs.
 
 
 
 
 



story | by Dr. Radut