Skip to Content

FB Industrias Alimentarias

Que se aprende
a facer?
Rrecibir, preparar e procesar materias primas e auxiliares para a produción en industrias alimentarias e químicas, aplicando protocolos establecidos para a elaboración e o envasamento de produtos, e realizando operacións sinxelas e rutineiras de laboratorio, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas correspondentes de hixiene alimentaria, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos
se traballa?
 Na industria alimentaria de pequeno, mediano ou gran tamaño, tanto as que se dedican á fabricación directa de transformacións alimentarias como as de servizos e produtos auxiliares para o sector. Desenvolve, xeralmente por conta allea, tarefas normalizas de apoio nas áreas de recepción, preparación, elaboración e conservación, operando de xeito automático con dispositivos, equipamentos e instalacións, e en areas de laboratorio, realizando tarefas sinxelas e rutineiras. Realiza, así mesmo, tarefas de coidado e mantemento de instalacións e equipamentos, e labores relacionados co transporte interno e coa almacenaxe. Ocasionalmente, pode tamén exercer a súa actividade por conta propia no campo da artesanía relacionada coa fabricación de produtos alimentarios derivados da gandaría. Opera seguindo instrucións de persoas coa titulación de técnico/a superior e segundo procedementos establecidos.
Que ocupacións
se desempeñan?
Axudante na área de carrozaría; auxiliar de almacén de recambios; operario/a en empresas de substitución de cristais; axudante na área de electromecánica; operario/a de taller de mecánica rápida.
Cales son os
módulos deste
ciclo?
Peón da industria da alimentación e bebidas; preparador/ora de materias primas; operador/ora de máquinas para elaborar e envasar produtos alimentarios; mozo/a de almacén; operador/ora de carreta; auxiliar de planta alimentaria; auxiliar de mantemento en industria alimentaria; auxiliar de liña de produción; auxiliar de almacén; auxiliar de limpeza e desinfección de instalacións, aparellos e material de laboratorio; axudante de plantas residuais; axudante de plantas de tratamento de augas.Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia
  Curso  Código Módulos  profesionais Horas
  MP3009 Ciencias aplicadas I 175
  MP3011 Comunicación e sociedade I 206
  MP3134 Elaboración de productos alimentarios 237
  MP3070 Operacións auxiliares de almacenaxe 146
   1º MP3133 Operacións auxiliares na industria alimentaria 146
  MP3019 Ciencias aplicadas II 162
  MP3012 Comunicación e sociedade II 135
  MP3136 Operacións básicas de laboratorio 202
  MP3135 Limpeza e mantemento de instalacións e equipamentos 209
  MP3137 Formación en centros de traballo 320

 



page | by Dr. Radut