Skip to Content

Bolsas para cursos de lingua francesa en Francia durante o mes de xullo de 2012

            

BOE

    

 Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, un máximo de 500 bolsas para a estancia e realización dun curso de lingua francesa en distintos centros de Francia de tres semanas de duración no mes de xullo de 2012, cun mínimo de 20 horas lectivas semanais            

Requisitos necesarios:

     1. Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1992 e o 31 de decembro de 1995 e estar matriculado no presente curso 2011-2012 en cualquera curso dalgún dos seguintes niveis educativos:

  • Bacharelato.
  • Ensinanzas profesionais de música e danza.
  • Grao medio de Formación Profesional.
  • Grao medio de artes plásticas e deseño.
  • Grao medio de ensinanzas deportivas.
  • Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.

      2. Ter conseguido neste curso 2011-2012 a condición de becario do Ministerio de Educación conforme á Orde EDU/2099/2011, de 21 de xullo, pola que se convocan bolsas e axudas ao estudio de carácter xeral e de mobilidade, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios (BOE de 27 de xullo).

      3. Todos os solicitantes deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediatamente anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na asignatura de francés.

      4. Estar situado nun lugar do orden de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das becas convocadas.

 O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar a partir do día seguinte ao de publicación da Resolución no BOE (12 de marzo de 2012).



page | by Dr. Radut