Skip to Content

I ENCONTRO INTER-RÍAS. FERROL-AROUSA

O MARTES 28 DE ABRIL DE 2015, dende as 8.30-20.00  o alumnado de FPB , os 3 grupos, viaxarán ata Ferrol, ao Colexio Lestonnac para participar no I ENCONTRO INTER-RÍAS, Ferrol-Arousa.
Unha iniciativa que pretende varios obxectivos:
 
  • Fomentar a convivencia, interrelación entre o noso alumnado de FPB e outros rapaces/as da súa mesma idade doutro colexio galego, neste caso en Ferrol.
  • Coñecer como se traballa noutro centro educativo e tamén o entorno natural e turístico que posúe esa cidade.
  • Fomentar hábitos saudables entre o alumnado: actividades ao aire libre..

Esta primeira saída  complentarase coa visita dun grupo de alumnos/as de 4º ESO de Ferrol , virán a Coroso a mediados de maio.
Durante estes encontros o alumnado traballará distintos proxectos: presentacións  en power point sobre a zona de Ribeira, presentacións sobre a automoción, prepará unha degustación de productos elaborados en FPB de industrias alimentarias...
E o profesorado tamén intercambiará experiencias educativas e proxectos que se están a desenvolver nos seus respectivos centros educativos.

 


story | by Dr. Radut