Skip to Content

Gaio novo tradutor galego

Gaio tradutor Amtega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, acaba de poñer en marcha o tradutor automatizado Gaio. Desenvolvido pola empresa galega Imaxín Software, busca reforzar a presenza do galego nas administracións autonómica e local, facilitarlle aos profesionais públicos a tradución directa e inversa galego-castelán de documentación, páxinas web, correos electrónicos, etc.

Gaio facilita a tradución inmediata de grandes volumes de documentación e a tradución de páxinas web, informes, etc. Ademais contempla terminoloxía específica administrativa e nomenclatura propia das entidades: nomes de consellerías, concellos, altos cargos, órganos de goberno, etc.

Permite traducir do galego ao castelán e ao portugués; está dispoñible para os profesionais municipais e autonómicos a través do portal Eido Local e da intranet da Xunta.



story | by Dr. Radut