Skip to Content

Antón Riveiro Coello

Antón Riveiro Coello

XOVES LITERARIOS QUE SE CELEBRARÁN EN ABRIL NA BIBLIOTECA DE RIVEIRA

Xoves, 4 de abril, ás 20 horas

“As razóns da escrita. Un país sen límites”

Antón Riveiro Coello

Naceu en Xinzo de Limia en 1964. Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente é funcionario da Administración Autonómica. A súa obra, traducida a varios idiomas, ten sido galardoada con diversos premios entre os que salienta o Premio da Crítica Española, o premio de Narrativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Álvaro Cunqueiro de Narrativa, o Manuel García Barros de Novela, o Torrente Ballester de Narrativa (finalista), o Camilo José Cela de Narrativa, o Manuel Murguía, o Modesto R. Figueiredo, o Café Dublín, o Castelao de Narrativa, o Ourense de Contos, o Breogán de Contos, etc. Ademais de participar en medio cento de colectivas, é autor dos seguintes libros: Valquiria, (Ed.Novo Século.1994), Parque Central e outros relatos (Ed. Espiral Maior 1996), A historia de Chicho Antela (Espiral Maior,1997), A quinta de Saler (Galaxia, 1999), Animalia (Galaxia, 1999), As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000), Homónima (Galaxia, 2001), Cartafol do Barbanza (A Nosa Terra, 2002), A canción de Sálvora (A Nosa Terra, 2003), A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003), Limaiaé (Centro de Cultura Popular do Limia, 2005), Casas Baratas (Galaxia, 2005), A voz do lago (Galaxia, 2007), Os ollos de K (Galaxia 2007), As pantasmas de auga (Bourel, 2010), O paso do esquecemento (Centro de Cultura Popular do Limia, 2011) e Laura no deserto (Galaxia, 2011).



story | by Dr. Radut